Vivero en Cuba
Vivero en Cuba foi unha revista editada na Habana entre 1911 e 1957.
Vivero en Cuba | |
---|---|
![]() | |
País | Cuba |
Lugar | A Habana |
Lingua | lingua castelá |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarPublicación mensual da Sociedad de Instrucción indiana, Vivero y su comarca, presidida por Justo Taladrid Catá. Na cabeceira incluía os lemas: "Cada escuela que se abre es una cárcel que se cierra", de Concepción Arenal, e "El primer deber de un ciudadano es instruirse; el segundo es trabajar", J. N. Aramburu.
Fundada e dirixida por Jesús Peynó Piñeiro e despois por José del Valle Moré, contaba como redactores con Tomás Ramos Riguera, Amador Fernández, Vicente Otero Cao e Isidro García; entre os seus colaboradores figuraron Roberto Blanco Torres, Eduardo Núñez Martínez, Manuel Gómez Cordido, Constantino Horta e Modesto Grandío Parapar.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vivero en Cuba |
Bibliografía
editar- Lage-Seara, A. (21 de decembro de 2021). "Vivero y Cuba, sinónimo de amistad". Mundiario.
- Neira Vilas, Xosé (2011). A prensa galega de Cuba. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 978-84-453-5020-1.
- Peña Saavedra, Vicente (dir.) (1998). Repertorio da prensa galega da emigración. Santiago de Compostela: CCG. ISBN 84-87172-30-X.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Ficha de Vivero en Cuba no Repertorio da prensa da emigración galega do CCG.
- Xornais e revistas de Cuba enciclopediadaemigraciongalega.com