José del Valle Moré
xuíz, xornalista e escritor galego
José G. del Valle Moré, nado na Coruña o 18 de xuño de 1892, foi un xuíz, xornalista e escritor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 18 de xuño de 1892 ![]() A Coruña, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xuíz, escritor, xornalista ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarEmigrou a Cuba sendo mozo. Estudou nas Escolas Pías de Guanabacoa. En 1911 graduouse de bacharel e Ciencias e Letras no Instituto da Habana. En 1913 graduouse en Dereito civil na Universidade da Habana. Ese mesmo ano foi nomeado vice-secretario da Sección de Instrucción do Centro Galego. Realizou despois viaxes por Europa. En 1917 foi designado Xuíz Municipal de Guanabacoa. Formou parte da directiva da Sociedade Vivero y su Comarca, representando a San Román do Val. Dirixiu a revista Vivero en Cuba durante un tempo e colaborou en Cuba y América. Foi xuíz de primeira instancia na Habana.
Obras
editar- Pastor Díaz, su vida y su obra, Habana, 1911
- Viaje á Italia, 1916.
- Cisneros y las leyes de Indias, Habana, 1918.
- Servidumbres de medianería, luces y vistas, 1943
- La capacidad de la mujer casada para contratar y ejercer el comercio después de la Constitución de 1940, 1943.
- Compraventa civil y mercantil: estudio teórico-práctico, 1945.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Domingo Cuadriello, Jorge (2002). Los españoles en las letras cubanas durante el siglo XX. Diccionario Bio-Bibliográfico. Sevilla: Renacimiento. pp. 168–169. ISBN 84-8472-069-1. Consultado o 6 de marzo de 2014.