Victoriano Sánchez Latas

avogado e político galego

Victoriano Sánchez Latas, nado en Guntín cara a 1855 e finado en Lugo o 15 de marzo de 1927, foi un avogado, político e propietario agrario galego.

Modelo:BiografíaVictoriano Sánchez Latas
Biografía
Nacemento1855 Editar o valor en Wikidata
Guntín, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de marzo de 1927 Editar o valor en Wikidata (71/72 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Presidente da Deputación de Lugo
abril de 1925 – 15 de marzo de 1927
← José María Montenegro Soto Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
FillosLuís Sánchez Arrieta Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fixo o bacharelato no Instituto de Lugo. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela (1874). Exerceu como avogado en Mondoñedo e Lugo. Obtivo praza de rexistrador da propiedade e exerceu en Becerreá (1880), Mondoñedo (1885), Lugo (1887),[1] Andalucía, Burgos, Cataluña e Madrid, onde se xubilou. Comisario Rexio de Fomento de Lugo, foi presidente da Federación Católico Agraria Diocesana e presidente do consello de administración da Editorial Católica Lucense, editora de La Voz de la Verdad. Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado deputado provincial da Deputación de Lugo, elixido vicepresidente e nomeado presidente o 1 de abril de 1925.[2] Foi xefe provincial da Unión Patriótica. Foi membro correspondente da Real Academia Galega. Finou en Lugo o 15 de marzo de 1927.[3]

Vida persoal

editar

Casou en Ferreira de Pallares con Petra Arrieta Fernández en 1890,[4] e foi pai de Luís, María Teresa e María de las Mercedes Sánchez Arrieta.

  1. Gaceta de Madrid, 6-8-1887, p. 371.
  2. La Voz de la Verdad, 2-4-1925, p. 1.
  3. Necrolóxica en La Voz de la Verdad, 16-3-1927, p. 1, 2.
  4. El Eco de Galicia, 7-7-1890, p. 3.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
Predecesor:
José María Montenegro Soto
  
Presidente da Deputación de Lugo
 
1925 - 1927
Sucesor:
Francisco Plácido Donapetry Yribarnegaray