Luís Sánchez Arrieta

enxeñeiro, xornalista e político galego

Luís Sánchez Arrieta, nado en Lugo cara a 1892[1] e finado na mesma cidade en febreiro de 1963,[2] foi un enxeñeiro, político e xornalista galego.

Modelo:BiografíaLuís Sánchez Arrieta
Biografía
Nacementoc. 1892 Editar o valor en Wikidata
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Mortefebreiro de 1963 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, enxeñeiro, político Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiVictoriano Sánchez Latas Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Victoriano Sánchez Latas. Estudou en Francia e fíxose enxeñeiro industrial. Concelleiro en Lugo na ditadura de Primo de Rivera, foi primeiro tenente alcalde e alcalde interino en varias ocasións.[3] Tamén foi deputado provincial. Foi vogal da Directiva da Federación Católico-Agraria de Lugo en 1927[4] e presidente en 1929. Foi designado director de La Voz de la Verdad en decembro de 1930 para substituír a Francisco Vázquez Saco,[5] e do que quedou como único propietario.[6] Na ditadura franquista ingresou na Unión Nacional de Cooperativas del Campo onde levou o departamento de abonos químicos.

Vida persoal

editar

Casou con Amparo Polidura Ortega.

  1. "Circular nº 297". Boletín Oficial de la Provincia de Lugo: 1. 2 de setembro de 1911. 
  2. "Fallecimiento de Don Luis Sánchez Arrieta". Campiña (165): 5. Marzo de 1963. 
  3. El Regional, 17-5-1927, p. 2.
  4. Vida Gallega, 20-12-1927, p. 45.
  5. El Compostelano, 3-12-1930, p. 3.
  6. Teijeira, Mari Paz; de la Torre, María (1997). A prensa en Lugo, dous séculos de historia. Lugo: Deputación de Lugo. p. 114. ISBN 84-8192-110-6.