Vicente Carnota Pérez
sacerdote e xornalista galego
Vicente Carnota Pérez, nado en Ordes o 7 de outubro de 1855 e finado en Santiago de Compostela o 6 de xullo de 1920, foi un sacerdote e xornalista galego.
![]() Busto en Ordes. ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 7 de outubro de 1855 ![]() Ordes, España ![]() |
Morte | 6 de xullo de 1920 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Relixión | Catolicismo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, sacerdote ![]() |
Membro de | |
![]() |
Traxectoria
editarFoi redactor de El Clamor de Galicia e redactor xefe de El Diario de Galicia (1895). Fundou o xornal El Noroeste, foi director do xornal conservador La Monarquía de Ferrol (1896) e do semanario El Terruño de Ordes (1903), e redactor de Fray Prudencio e La Voz de Galicia (até 1910). Ordenouse sacerdote en 1912 en Jaca, onde exerceu como profesor no seminario. Despois foi capelán do cárcere de Santiago. Interesouse pola literatura e pola poesía galega.
Vida persoal
editarFoi tío de Leandro del Río Carnota.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Dicionario biográfico de Galicia 1. Ir Indo Edicións. 2010-2011.
- Vicente Carnota (1855-1920): Xornalista e sacerdote. Ordes: A. C. Obradoiro da Historia, 2003.
Ligazóns externas
editar- Ramón Vilar (5 de xullo de 2003). "Os ordenses recuperan a figura do crego Vicente Carnota Pérez". La Voz de Galicia.