Leandro del Río Carnota

sacerdote e político galego

Leandro del Río Carnota, nado en Ordes en 1882 e finado en Pontevedra o 15 de outubro de 1957, foi un sacerdote e político galego.

Modelo:BiografíaLeandro del Río Carnota

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1882 Editar o valor en Wikidata
Ordes, España Editar o valor en Wikidata
Morte15 de outubro de 1957 Editar o valor en Wikidata (74/75 anos)
Pontevedra, España Editar o valor en Wikidata
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónsacerdote católico, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Antonio del Río e sobriño de Vicente Carnota Pérez. Ordenado sacerdote en 1903, estaba doutorado en Teoloxía. Foi cura da parroquia de Santa Lucía na Coruña e en 1917 foi nomeado párroco de Lérez. Presentouse como candidato da Derecha Liberal Republicana dentro da candidatura Republicano-Agraria ás eleccións a Cortes Constituíntes de 1931 pola provincia de Pontevedra, pero non foi elixido, estivo a 3.000 votos de obter o escano. No franquismo foi presidente da Cámara Oficial Sindical Agraria de Pontevedra. Foi elixido procurador en Cortes polas Hermandades Sindicales de Labradores y Ganderos en abril de 1949.[1]

  1. Faro de Vigo, 2-4-1949, p. 3-

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar