Furado
| |||||||||||||||||||||||||
|
Chámome Felipe, e resido e son natural de Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), España. Son Graduado Social por estudos, ex informático de profesión (defensor activo do software libre) e tradutor afeccionado. Respecto profundamente as opinións dos demais, por moi distintas que sexan das miñas. Benefíciome como usuario desde fai anos da Wikipedia en galego, español e inglés, e colaborei durante un ano traducindo artigos de outras wikis, e facendo algúns arranxos. Tomeimo con moitísimas ganas e fixen unha aportación de certa consideración (polo menos en cantidade, sinto que non fora con mais calidade). Durante ese ano colaboraba tamén coa wikipedia en español, mais levar dúas wikis á vez foi demasiado para min, por iso, tras unha longa reflexión, decidín deixar de colaborar de forma habitual na Galipedia e dedicarme de cheo á wikipedia en español, na que traballei a mazo durante varios anos, aínda que agora case non participo. |