Universidade de Friburgo, Suíza
Universidade de Friburgo, Suíza | |
---|---|
Datos xerais | |
Fundación | 1889 |
Datos actuais | |
Alumnos | 10000 |
Datos de contacto | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Friburgo (en alemán Universität Freiburg, en francés Université de Fribourg, en latín Universitas Friburgensis) é un centro de educación superior fundado no século XIX, a sexta universidade de Suíza por número de estudantes e a única universidade oficialmente bilingüe do país.[1] Forma parte do Grupo Compostela de Universidades.
Nome
editarA Universidade de Friburgo, abreviada UniFr, foi fundada en 1889 na cidade suíza de Friburgo.[2] En Baden-Württemberg, Alemaña hai outra cidade chamada Friburgo onde tamén hai outra universidade coloquialmente coñecida como Universidade de Friburgo, en alemán Uni Freiburg, oficialmente Universidade Albert Ludwig de Friburgo (en alemán, Albert-Ludwigs-Universität Freiburg), fundada no século XV.
Facultades
editarA universidade ten cinco facultades: Teoloxía católica, Dereito, Ciencias económicas e Sociais, Filosofía (tamén chamadas letras) e Ciencias.
- A facultade de Ciencias con case 2000 estudantes é a segunda facultade da universidade. Propón programas de bioloxía, bioquímica, ciencias biomédicas, ciencias ambientais, deportes, farmacia, física, xeoloxía, xeografía, informática, matemáticas, medicina e odontoloxía, neurociencias e química.
- A facultade de Ciencias económicas e sociais con 1800 estudantes é a terceira facultade. Consta de catro departamentos: administración, economía, informática e medios e ciencias da comunicación.
- A facultade de Dereito é a cuarta facultade con 1600 estudantes. Os programas inclúen: Dereito suízo e Dereito internacional (incluído o Dereito europeo).
- A facultade de Filosofía é a máis grande de todas con aproximadamente 4.350 estudantes. A facultade inclúe programas de: filosofía, ciencias históricas, linguas, literatura, pedagoxía, psicoloxía ou ciencias sociais.
- A facultade de Teoloxía con 340 estudantes é a máis pequena da universidade, non obstante é a máis grande de Suíza e xunto con Lucerna a única facultade de teoloxía católica do país.
Estudantes
editarNa UniFr estudaron persoas coñecidas como Joseph Bech (1887–1975), presidente do goberno de Luxemburgo; Mary Daly (1928–2010), feminista estadounidense; Giuseppe Lepori (1902–1968), político, conselleiro federal; Joseph Deiss, conselleiro federal e Presidente da Asemblea Xeral das Nacións Unidas, Christian Frei (nado en 1959), director de filmes documentais; Antonin Scalia (nado en 1936), xuíz da Corte Suprema dos Estados Unidos; Klaus Schwab (nado en 1938), fundador e presidente do Foro Económico Mundial (WEF) en Davos; W. G. Sebald (1944–2001), escritor, ou Chaim Weizmann (1874–1952), químico, primeiro presidente israelí.
Honoris Causa
editarAs facultades da Universidade nomearon diversos doutores honoris causa, entre eles Agustin Bea (1961), Yves Congar (1965), Hans Urs von Balthasar (1967), Walter Burkert (1989), Xoán Carlos I (1993), Wim Wenders (1995), Desmond Tutu (1999), Bertrand Piccard (2000), D. Strauss-Kahn (2005), Giorgio Agamben (2012) ou Roberto Saviano (2013).
Notas
editar- ↑ "Fribourg University Law Faculty". llm-guide.com (en inglés). Consultado o 2022-08-03.
- ↑ "Université de Fribourg - Home ; Université de Fribourg". www.unifr.ch. Consultado o 2022-08-03.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Friburgo, Suíza |