Universidade Albert Ludwig de Friburgo
A Universidade de Friburgo (coloquialmente alemán: Uni Freiburg), oficialmente a Universidade Albert Ludwig de Friburgo (alemán: Albert-Ludwigs-Universität Freiburg), é unha universidade pública de investigación situada en Friburgo, Baden-Württemberg, Alemaña.
Universidade Albert Ludwig de Friburgo | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Fundación | 1457 |
Fundador | Alberte I de Austria |
Datos actuais | |
Alumnos | 24000 |
Orzamento | 340 millóns de euros |
Datos de contacto | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/e/eb/Siegel_der_Albert-Ludwigs-Universit%C3%A4t_Freiburg.svg/220px-Siegel_der_Albert-Ludwigs-Universit%C3%A4t_Freiburg.svg.png)
Historia
editarFundación
editarA Universidade Albert Ludwig de Friburgo foi fundada o 21 de setembro de 1457 polo arquiduque Alberte VI de Austria. Foi a segunda universidade fundada no territorio dominado pola casa dos Habsburgo, despois da Universidade de Viena, e hoxe é a sexta universidade máis antiga de Alemaña, após a Universidade de Heidelberg e a Universidade de Colonia (século XIV) e a Universidade de Würzburg, Universidade de Leipzig e Universidade de Rostock (século XV) [1].
Estrutura docente
editarA universidade está formada por 11 facultades e atrae estudantes de toda Alemaña e doutros 120 países. Os estudantes estranxeiros constitúen preto do 18,2% do número total de estudantes (en 2020 foron un total de 24.391 alumnos).[2][3]
É especialmente recoñecida en áreas como medicina, ciencias forestais, bioloxía, intelixencia artificial e tecnoloxía de microsistemas[Cómpre referencia].
Profesores, investigadores e alumnos célebres
editarA Universidade de Friburgo estivo asociada con figuras como Hannah Arendt, Rudolf Carnap, David Daube, Johann Eck, Hans-Georg Gadamer, Friedrich Hayek, Martin Heidegger, Edmund Husserl, Herbert Marcuse, Friedrich Meinecke, Edith Stein, Paul Uhlenhuth, Max Weber ou Ernst Zermelo.
Recoñecementos
editarA data de outubro de 2020, 22 premios Nobel están afiliados á Universidade de Friburgo como antigos alumnos, profesores ou investigadores, e 15 académicos foron galardoados co máximo premio de investigación alemán, o Premio Gottfried Wilhelm Leibniz, mentres traballaban na universidade.
Notas
editar- ↑ "Die fünf ältesten Hochschulen in Deutschland". www.volksstimme.de (en alemán). Consultado o 2022-05-17.
- ↑ "Uni-Freiburg; Jahresbericht des-Rektors 2017-18" (PDF). uni-freiburg.de/ (en alemán). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08-03-2022. Consultado o 18-5-2022.
- ↑ "Universität in Zahlen – Universität" (en alemán). Consultado o 2022-05-17.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade Albert Ludwig de Friburgo |
Ligazóns externas
editar- Albert Ludwigs University de Friburgo (en alemán) Páxina oficial
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|