Trofeo Xacobeo 93

torneo amigable de fútbol disputado en 1992

O Trofeo Xacobeo 93 foi un torneo amigable de fútbol disputado en Vigo en 1992.

Modelo:Competición deportivaTrofeo Xacobeo 93
Tipotorneo amistoso de fútbol Editar o valor en Wikidata
OrganizadorXunta de Galicia Editar o valor en Wikidata
Número de participantes4 Editar o valor en Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstadio Abanca Balaídos (Vigo) 42°12′43″N 8°44′25″O / 42.21186, -8.74033 Editar o valor en Wikidata
PaísEspaña Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo29 de agosto de 1992 – 30 de agosto de 1992 Editar o valor en Wikidata
Competición
Primeiro postoDeportivo da Coruña Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

En maio de 1992 a directiva do Celta de Vigo propúxolle a Manuel Fraga, naquel entón presidente da Xunta de Galicia, a celebración dun torneo amigable contra o Deportivo da Coruña, como parte dos actos de promoción do Ano Santo Xacobeo do ano seguinte.[1] Finalmente incluíuse tamén ao Lugo e o Compostela nun torneo que se disputou en agosto en Balaídos co nome de Xacobeo 93, cun patrocinio de 50 millóns de pesetas da Xunta.[2] O Deportivo e o Celta disputaron na final unha nova edición do seu particular derbi, despois de derrotaren a Compostela e Lugo respectivamente. O saque de honra foi realizado por Pelegrín e o club coruñés proclamouse campión cun solitario gol de Arturo.[3]

A pesar de que se planeaba unha segunda edición en 1993 que serviría como inauguración do Estadio Multiúsos de San Lázaro, a Xunta non outorgou finalmente o patrocinio do Xacobeo, o que ocasionou duras críticas de José María Caneda a Vázquez Portomeñe.[4] No seu lugar celebrouse o Trofeo Compostela 93.

Participantes

editar
  Celta de Vigo Equipo anfitrión
  Deportivo da Coruña 17º na Primeira división española 1991/92
  Compostela 8º na Segunda división española 1991/92
  Lugo 2º na Segunda división B española 1991/92

Partidos

editar

Primeira semifinal

editar
Deportivo da Coruña 3–1 Compostela 29 de agosto de 1992 – Balaídos, Vigo
Asistencia: 2.000
Árbitro:   López de la Fuente
Mujika   16'
Kiriakov   45'
Bebeto   56'

Caneda   85'

Segunda semifinal

editar
Celta de Vigo 1–0 Lugo 29 de agosto de 1992 – Balaídos, Vigo
Asistencia: 4.000
Árbitro:   García de Loza
Paco Salillas   60'
Vilanova  

José Ramón  
Miguel  

Partido polo 3º posto

editar
Compostela 3–0 Lugo 30 de agosto de 1992 – Balaídos, Vigo
Asistencia: 1.500
Árbitro:   Iglesias Figueroa
Ochoa   45'
Nacho   58'
Evaristo   88'
Fabiano    

Miguel    
Celta de Vigo 0–1 Deportivo da Coruña 30 de agosto de 1992 – Balaídos, Vigo
Asistencia: 5.000
Árbitro:   Gómez Barril
Jurić  
Arturo   29'
Titulares:
  Cañizares
  Otero   75'
  Patxi Salinas
  Jurić
  Atilano
  Gil
  Carlos Pérez   46'
  Engonga
  Agirretxu
  Salva
  Paco Salillas   75'
Substitucións:
  Manel   75'
  Sanromán   46'
  Mosquera   75'
Adestrador:
  Rojo
Titulares:
  Liaño
  Mariano
  Antonio
  Đukić
  Ribera
  Sabin Bilbao
  Kiriakov   63'
  Albistegi   70'
  Nando
  Kirov
  Arturo
Substitucións:
  Mujika   63'
  Mauro Silva   46'
  Claudio
Adestrador:
  Arsenio


  1. "El Celta propone disputar el «Xacobeo 93»". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 20 de maio de 1992. p. 45. 
  2. "Los santiagueses perdbírán ocho millones por el «Xacobeo 93»". La Voz de Galicia. 14 de xullo de 1992. p. 50. 
  3. Vázquez, Xulio (31 de agosto de 1992). "Rojo y Arsenio escondieron varios ases". La Voz de Galicia (en castelán). p. 20. 
  4. "Caneda arremete contra Portomeñe e Ignacio Núñez". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 3 de xuño de 1993. p. 49. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar