José Luis Ochoa
José Luis Ochoa Álvarez, nado no Grove o 26 de xuño de 1965, é un exfutbolista galego, que xogaba como centrocampista.
Nome orixinal | José Luis Ochoa Álvarez |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 26 de xuño de 1965 ![]() O Grove, España ![]() |
Altura | 1,77 m. |
Actividade | |
Ocupación | futbolista ![]() |
Deporte | fútbol ![]() |
Traxectoria
editarFormouse na canteira do Celta de Vigo e xogou no filial deste, o Gran Peña. En setembro de 1984 debutou na Segunda División fronte ao Cádiz, durante a folga de futbolistas que provocou que os clubs aliñasen a xogadores xuvenís.[1] Foi o seu único partido co Celta de Vigo. En 1986 fichou polo Compostela, co que xogou durante as seguintes sete tempadas, logrando ascender dende a Terceira ata a Segunda División. Disputou un total de 49 partidos co equipo santiagués na división de prata, todos eles con Fernando Castro Santos como adestrador. En 1993 deixou o Compos e fichou polo Pontevedra, co que xogou durante dúas campañas na Segunda División B.[2]
Notas
editar- ↑ "Ochoa: Debut gracias a la huelga". fameceleste.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2022. Consultado o 21 de marzo de 2022.
- ↑ "José Luis Ochoa y Rafael Ferrer son ya nuevos jugadores del Pontevedra". La Voz de Galicia (en castelán) (Pontevedra ed.). 13 de agosto de 1993. p. 55.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).