Treinta y Tres, Uruguai
Treinta y Tres é unha cidade uruguaia, capital do departamento homónimo, situada sobre a marxe esquerda do Río Olimar e localizada na zona leste do territorio. Antigamente neste lugar podíase vadear o río e era a ruta desde Montevideo a Río Branco. En 2004 tiña 25.711 habitantes.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Departamento (pt) ![]() | Departamento de Treinta y Tres ![]() | |||
Capital de | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 25.477 (2011) ![]() | |||
Lingua oficial | lingua castelá ![]() | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 54 m ![]() | |||
Creación | 10 de marzo de 1853 ![]() | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 33000 ![]() | |||
Fuso horario | ||||
Sitio web | imtt.gub.uy ![]() |
Economía
editarA súa economía baseouse de vello na gandería e os seus produtos derivados. Na actualidade tamén se cultiva arroz nas ribeiras da Lagoa Merín, na zona do leste. Esta actividade deu un grande impulso á economía da rexión, fomentando a industria de produtos precociñados e a instalación de muíños arroceiros.
Historia
editarDebe o seu nome ao Desembarco dos Trinta e tres orientais, campaña que trinta e tres orientais, liderados por Juan Antonio Lavalleja, emprenderon en 1825 desde o que hoxe é a Arxentina para recuperar a independencia da Provincia Oriental, nese momento baixo dominio portugués.
Finalizada a Guerra Grande os veciños da campaña comezaron a asociarse e legalizar estes poboados que se levantaban. É así que no Paso Real do Olimar, onde conflúen o Río Olimar co rego Yerbal Grande érguese a vila dos Treinta y Tres en 1853 , baixo a presidencia de Juan Francisco Giró.
Seis anos despois, en 1859, inaugurase a primeira escola para nenos e o seu primeiro mestre foi Anselmo Basaldúa. Tres anos máis tarde, en 1862, comeza a funcionar a primeira escola para nenas.
A primeira viaxe que une a Treinta y Tres con Montevideo se realiza en 1861 por un servizo de dilixencias, que se transformará en permanente en 1866, unindo tamén a cidade con Río Branco, Melo e Nico Pérez.