Torneo Triangular Internacional do Río de Xaneiro de 1954
O Torneo Triangular Internacional do Río de Xaneiro foi un torneo amigable de fútbol disputado na cidade brasileira do Río de Xaneiro en 1954. Contou coa participación de tres equipos, dous brasileiros e un galego, enfrontándose nun sistema de todos contra todos.
Tipo | competición futbolística ![]() |
---|---|
Deporte | fútbol ![]() |
Número de participantes | 3 ![]() |
Localización e Datas | |
País | Brasil ![]() |
Intervalo de tempo | 25 de xullo de 1954 – ![]() |
Data | 1954 ![]() |
Datos estatísticos | |
Partidos | 3 ![]() |
No primeiro partido enfrontáronse o Flamengo e o Deportivo da Coruña, que viña de xogar no Uruguai e na Arxentina como parte da súa xira suramericana, caendo goleado o equipo galego por 1-4.[1][2] Caeu tamén no segundo encontro contra o Fluminense por 0-3. Deste xeito o torneo decidiuse no terceiro encontro cun Fla-Flu, o histórico derbi entre os dous principais equipos do Estado do Río de Xaneiro. O Flamengo foi o vencedor nun polémico encontro no que o Fluminense apareceu con futbolistas habitualmente suplentes, motivo polo que o Flamengo acabou substituíndo durante o partido a dez dos seus xogadores para introducir tamén suplentes.[3]
Participantes
editarFlamengo | Campión carioca de 1953 |
Fluminense | Subcampión carioca de 1953 |
Deportivo da Coruña | 7º na Primeira división española 1953/54 |
Partidos
editarXornada 1
editarFlamengo | 4 – 1 | Deportivo da Coruña | 25 de xullo de 1954 – Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 42.062 Árbitro: Oliveira Monteiro |
Benítez 1' Joel 31' Rubens 41' Índio 67' |
Informe |
Pahiño 44' | |
|
|
Xornada 2
editarFluminense | 3 – 0 | Deportivo da Coruña | 28 de xullo de 1954 – Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 14.750 Árbitro: Giménez Molina |
Didi 10' 30' Esquerdinha 66' |
Informe |
||
|
|
Xornada 3
editarFlamengo | 5 – 2 | Fluminense | 1 de agosto de 1954 – Maracanã, Río de Xaneiro Asistencia: 58.176 Árbitro: Oliveira Monteiro |
Rubens 15' (p.) Índio 18' Genuíno 57' Henrique 78' Evaristo 42' |
Informe |
Robson 40' Esquerdinha 71' | |
|
|
Notas
editar- ↑ "El Deportivo pierde en Brasil". El Pueblo Gallego (en castelán). 27 de xullo de 1954. p. 7. Consultado o 21 de abril de 2021.
- ↑ "Fácil triunfo rubro-negro". O Globo (en portugués). 26 de xullo de 1954. p. 4. Consultado o 21 de abril de 2021.
- ↑ "O Flamengo ganhou o Fla-Flu". O Globo (en portugués). 2 de agosto de 1954. p. 6. Consultado o 21 de abril de 2021.