Juan Antonio Ortega Lara
Juan Antonio Ortega Lara, nado en Lopera (Xaén) o 22 de decembro de 1922, foi un futbolista español. Xogaba de centrocampista.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 22 de decembro de 1922 ![]() Lopera, España ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 1,69 m ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1944 ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Centrocampista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarNa tempada 1944–45 debutou co Deportivo da Coruña en Primeira División, xogando tan só 5 partidos nunha campaña na que o mediocampo coruñés estaba formado por Manuel Guimeráns, Eduardo Viso e Cuqui Bienzobas como os habituais. Ese ano, o equipo adestrador por Lafuente descendeu a Segunda División.
Na tempada 1946–47 retornou de novo á máxima categoría, esta vez co Real Murcia, xogando ese ano 22 partidos. Ese ano o equipo murciano descendeu a Segunda División.
Na tempada 1948–49 atopou a continuidade no Real Valladolid, onde militou 6 campañas, todas en Primeira División. No seu primeiro ano lograría o seu primeiro gol na máxima categoría. Sumou un total de 167 encontros e 4 goles nese tempo.
Na tempada 1955–56 retornou ao Deportivo da Coruña, participando tan só en 6 partidos e logrando un gol. Ese ano o club coruñés, que nesa campaña tivo 3 adestradores, xogou cun mediocampo formado por Manuel Lechuga e Juananco como habituais. Salvouse do descenso por 1 punto.