Toney Douglas
Toney Bernard Douglas, nado o 16 de marzo de 1986 en Tampa, Florida, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense.
![]() (2018) ![]() | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 16 de marzo de 1986 ![]() Jonesboro, Estados Unidos de América (pt) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Auburn Jonesboro High School (en) ![]() ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 188 cm ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 86 kg ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2009 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base e Escolta ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 16 ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Los Angeles Lakers ![]() | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarDouglas foi elixido na 29ª posición do Draft da NBA de 2009 polos New York Knicks. Nesa mesma noite, os New York Knicks adquiriron os seus dereitos a cambio dunha elección na segunda rolda do Draft de 2011 e 3 millóns de dólares,[1][2] e asinou con eles o 9 de xullo de 2009. Durante a tempada 2009-10, Douglas foi o escolta suplente. Conseguiu a mellor anotación da súa carreira o 4 de novembro de 2010 ao anotar 30 puntos na vitoria sobre os Chicago Bulls.[3] O 17 de marzo de 2011, igualou o récord da franquía en lanzamentos de tres anotados nun partido, con 9 triplas.
O 9 de xullo de 2012, Douglas foi traspasado ós Houston Rockets xunto a Josh Harrellson, Jerome Jordan e dúas eleccións da 2ª rolda do Draft de 2014 e 2015 a cambio de Marcus Camby, nun sign and trade.[4]
O 20 de febreiro de 2013, Douglas foi traspasado ós Sacramento Kings xunto a Patrick Patterson e Cole Aldrich a cambio de Thomas Robinson, Francisco García e Tyler Honeycutt.[5]
O 18 de xullo de 2013, Douglas asinou cos Golden State Warriors.[6]
O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Warriors, os Boston Celtics e os Miami Heat. Os Warriors mandaron a Douglas ós Heat, e a cambio recibiron a Jordan Crawford e a MarShon Brooks dos Celtics. Os Celtics recibiron a Joel Anthony, unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat.[7]
Notas
editar- ↑ "Former 'Nole Douglas goes to Knicks". The Palm Beach Post (InfoTrac). 2009-06-26. p. 1c.
- ↑ "Knicks acquire 29th pick from Lakers". ESPN. 2009-06-25. Consultado o 2009-08-13.
- ↑ "Toney Douglas, Danilo Gallinari lead Knicks' offense in win over Bulls". ESPN. 4 de novembro de 2010. Consultado o 5 de novembro de 2010.
- ↑ http://www.nba.com/rockets/news/rockets-make-trades-official
- ↑ "Kings Complete Multiplayer Trade". NBA.com. 20 de febreiro de 2013. Consultado o 21 de febreiro de 2013.
- ↑ "Warriors Sign Free Agent Guard Toney Douglas to Contract". NBA.com. 18 de xullo de 2013. Consultado o 18 de xullo de 2013.
- ↑ "HEAT Trade Joel Anthony in Exchange for Toney Douglas". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 18 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)