Tempada 1911/12 do Deportivo da Coruña
Esta páxina ou sección está a editarse nestes intres. Para evitar posibles conflitos de edición, non edites esta páxina ou sección mentres vexas esta mensaxe. Revisa o historial de edicións para saber quen traballa nela. O usuario Xanetas (conversa · contribucións) realizou a última edición na páxina hai 3 segundos. O tempo máximo de presenza deste marcador é dun mes dende a última edición do usuario que o puxo; pasado ese tempo debe retirarse. |
A tempada 1911/12 foi a sexta tempada de existencia do Deportivo da Coruña. Durante esta campaña, o club competiu no Concurso España, proclamándose campión ao derrotar ao Vigo FC. Máis de 110 anos despois, en marzo de 2023, a Real Federación Española de Fútbol recoñeceu a oficialidade do torneo, sendo así considerado o primeiro título na historia do Deportivo.[1]
Tempada 1911–12 | |||
Presidente | José Longueira Díaz | ||
---|---|---|---|
Estadio | Campo de Riazor | ||
|
Resumo da tempada
editarO 24 de setembro de 1911 a directiva do Deportivo reuniuse nunha xunta xeral extraordinaria, na que se aprobou o cambio de nome proposto por Federico Fernández-Amor Calvet. Así, o club eliminou da súa denominación a referencia á Sala Calvet e incorporou o nome da Coruña.[2][3] O club non disputou o seu primeiro partido da tempada ata o 3 de marzo de 1912, case sete meses despois do seu último encontro, e fíxoo cunha vitoria por 5-0 sobre o Everton coruñés en Riazor.[4]
O último día do mes derrotou na Coruña ao Compostela, con dúas incorporacións procedentes do seu máximo rival, o Real Club Coruña: o vigués Quincho Yarza e o coruñés José de Llano, que regresou ao Deportivo un ano despois da súa saída.[4] Nos seguintes dous meses disputou amigables contra o Victoria de Ferrol e contra unha selección dos clubs coruñeses Galicia, Machaquito e Celita. O 6 de xuño deu inicio unha serie de tres partidos amigables contra o Internacional de Lisboa, o primeiro rival portugués da historia do club. O balance final do triplo enfrontamento, que tivo lugar en Riazor, foi de unha vitoria, un empate e unha derrota para cada equipo.
Xa en agosto, pisou Riazor o Racing Club de Irún, reforzado con xogadores do Athletic Club e do FC Barcelona, para xogar dous partidos contra o Deportivo. O equipo vasco, un dos rivais máis fortes aos que se tiña enfrontado ata entón o Deportivo, demostrou a súa superioridade cun resultado global de 7-0, a pesar de que no primeiro partido só se disputou a primeira parte por mor da intensa choiva caída na Coruña.[5]
O 7 de setembro de 1912, o Deportivo e o Vigo FC disputaron en Riazor a final da Copa España. O partido suspendeuse a falta de cinco minutos para o remate, por mor de falta de luz, cando o Deportivo vencía por 4-3, grazas a dous goles de Virgilio, un de Barreiro e outro de Parra. Ambos clubs acordaron xogar o que restaba de partido ao día seguinte. Nese encontro produciuse a primeira morte rexistrada nun partido de fútbol en España, cando o seareiro Ricardo Cadaveira Sánchez recibiu o impacto dunha pedra lanzada polo mariñeiro David Rodríguez Neira.[6] Foi atendido no propio campo polo doutor Manuel Barbeito, pero acabou falecendo.[7]
O partido continuouse ao día seguinte, xogándose os cinco minutos restantes sen moverse o marcador, polo que o club coruñés logrou o primeiro título da súa historia.[8][9] A continuación ambos clubs xogaron un encontro amigable no que a vitoria foi para o equipo vigués por 2-3.[10] Máis de 110 anos despois, en marzo de 2023, a Real Federación Española de Fútbol recoñeceu a oficialidade da Copa España.[1]
En outubro, o Deportivo xogou un partido contra o María Pita (reforzado con catro xogadores do Real Club Coruña), correspondente á eliminatoria previa ao Campionato do Noroeste de España organizado en Lugo con motivo das festas de San Froilán e cuxa final estaba programada para dous días despois. O Deportivo venceu por 2-0 e viaxou a Lugo para disputar a final, pero o seu rival, o Vigo FC, non se presentou, polo que o club coruñés foi proclamado campión.[11] Ese mesmo día xogou o seu último partido da tempada, un improvisado encontro ante xogadores lucenses que rematou cunha ampla goleada coruñesa por 0-11.[11]
Persoal
editarXogadores
editarXunta directiva
editarCargo | Nome |
---|---|
Presidente | José Longueira Díaz |
Vicepresidente | Sixto Pedregal |
Contador | Virgilio Rodríguez |
Secretario | Salvador Fojón |
Partidos
editarVitoria
Empate
Derrota
Amigables
editar3 de marzo de 1912 | Deportivo da Coruña | 5 – 0 | Everton | A Coruña | ||
15:00 | ? 15?' ? 30?' ? 50?' ? 65?' ? 80?' |
Informe | Estadio: Riazor Árbitro: Félix de Paz | |||
31 de marzo de 1912 | Deportivo da Coruña | 4 – 1 | Compostela | A Coruña | ||
16:00 | Barreiro 15?' 75?' Catoira 30?' Silva 45' |
Informe | Román 10?' | Estadio: Riazor Árbitro: Vicente Zaragüeta | ||
28 de abril de 1912 | Deportivo da Coruña | –[n 1] | Victoria | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Riazor | |||||
- ↑ O partido suspendeuse cando o Deportivo gañaba por 1-0, ao pinchárense todos os balóns.
5 de maio de 1912 | Deportivo da Coruña | 6 – 1 | Victoria | A Coruña | ||
16:40 | Parra 5?' 55?' Yarza 60?' 65?' 85?' Virgilio 75?' |
Informe | Lesta 88?' | Estadio: Riazor Árbitro: Narboc | ||
12 de maio de 1912 | Deportivo da Coruña | 6 – 2 | Selección de Galicia FC + Celita + Machaquito | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Riazor | |||||
2 de xuño de 1912 | Deportivo da Coruña | 4 – 0 | Victoria | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Riazor | |||||
6 de xuño de 1912 | Deportivo da Coruña | 3 – 1 | Internacional de Lisboa | A Coruña | ||
16:30 | Prego 10?' Macho 40?' Parra 57' |
Informe | Lobo 88?' | Estadio: Riazor Árbitro: Plácido Duro | ||
7 de xuño de 1912 | Deportivo da Coruña | 0 – 2 | Internacional de Lisboa | A Coruña | ||
18:00 | Informe | Sobral 45?' ? 90?' |
Estadio: Riazor Árbitro: Cosme Damião | |||
9 de xuño de 1912 | Deportivo da Coruña | 0 – 0 | Internacional de Lisboa | A Coruña | ||
16:03 | Informe | Estadio: Riazor Árbitro: Félix de Paz | ||||
14 de xullo de 1912 | Deportivo da Coruña | 3 – 1 | Pontevedra Sporting | A Coruña | ||
Rosendo Silva 25?' Yarza 65?' 80?' |
Informe | ? 50?' | Estadio: Riazor | |||
25 de agosto de 1912 | Deportivo da Coruña | –[m 1] | Racing Club de Irún | A Coruña | ||
Informe | Patricio 20' Zamalloa 25' ? 35?' |
Estadio: Riazor Árbitro: Rogelio Portela | ||||
- ↑ O partido suspendeuse no minuto 47, cando o Deportivo perdía por 0-3, debido á intensa choiva que caía.
26 de agosto de 1912 | Deportivo da Coruña | 0 – 4 | Racing Club de Irún | A Coruña | ||
17:45 | Informe | Patricio 5' Zamalloa 30?' 85?' Miquio 43?' |
Estadio: Riazor Árbitro: San Bartolomé | |||
8 de setembro de 1912 | Deportivo da Coruña | 2 – 3 | Vigo FC | A Coruña | ||
Virgilio 35?' 40?' | Informe | ? 10?' ? 20?' ? 48' |
Estadio: Riazor Árbitro: Rogelio Portela | |||
6 de outubro de 1912 | Selección lucense | 0 – 11 | Deportivo da Coruña | Lugo | ||
Informe | ||||||
Copa España
editarFinal 7-8 de setembro de 1912[r 1] | Deportivo da Coruña | 4 – 3 | Vigo FC | A Coruña | ||
17:30 | Virgilio 40?' 80?' Barreiro 44?' Parra 75' |
Informe | Francisco de Castro 25?' Félix de Castro 30?' Peris 55' |
Estadio: Riazor Árbitro: Félix de Paz | ||
- ↑ O partido suspendeuse a falta de cinco minutos debido á falta de luz e foi completado ao día seguinte.
Copa Noroeste de España
editarSemifinal 4 de outubro de 1912 | Deportivo da Coruña | 2 – 0 | María Pita | A Coruña | ||
15:00 | Yarza 44' 70?' | Informe | Estadio: Riazor Árbitro: Caruncho | |||
Final 6 de outubro de 1912 | Deportivo da Coruña | –[s 1] | Vigo FC | A Coruña | ||
Informe | Estadio: Riazor | |||||
- ↑ O Deportivo foi proclamado vencedor por incomparecencia do rival.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "La RFEF entrega al RC Deportivo el trofeo del Concurso España de 1912". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). 10 de abril de 2023. Consultado o 31 de xaneiro de 2025.
- ↑ "Notas de sport". El Noroeste (en castelán) (5775). 25 de setembro de 1911. p. 1. Consultado o 31 de xaneiro de 2025.
- ↑ Ventureira 2022, p. 143.
- ↑ 4,0 4,1 Ventureira 2022, p. 152.
- ↑ Ventureira 2022, p. 157.
- ↑ "Muerto de una pedrada". Diario de Pontevedra (en castelán) (8501). 11 de setembro de 1912. p. 1. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "Muerto de una pedrada". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de setembro de 1912. p. 2.
- ↑ Ventureira 2022, pp. 14-17.
- ↑ "La RFEF reconoce al Levante como campeón de la Copa de la República de 1937 y al Deportivo del Concurso de España 1912 | www.rfef.es". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ "Partidos de "foot-ball"". El Noroeste (en castelán) (6222). 9 de setembro de 2025. p. 1. Consultado o 2 de febreiro de 2025.
- ↑ 11,0 11,1 Ventureira 2022, p. 158.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Ventureira, Rubén (2022). De la Sala Calvet al título olvidado [Da Sala Calvet ao título esquecido] (en castelán). A Coruña: Fundación Real Club Deportivo de La Coruña SAD. ISBN 978-84-09-46119-6.