Bento Spinoza

filósofo neerlandés
(Redirección desde «Spinoza»)

Benedito Spinoza, Bento Spinoza ou Bento de Espinoza, en hebreo Baruch, tamén coñecido en latín como Benedictus de Espinoza,[1][2] nado en Ámsterdan o 24 de novembro de 1632 e finado na Haia o 21 de febreiro de 1677, foi un filósofo neerlandés de orixe sefardí, un dos grandes racionalistas da filosofía moderna canda a René Descartes e Gottfried Wilhelm Leibniz. Está considerado o fundador da crítica bíblica moderna. É coñecido polas súas posicións panteístas e o seu monismo neutro, e por escribir a súa Ética baixo a forma de postulados e definicións, como se fose un tratado de xeometría.[2]

Modelo:BiografíaBento Spinoza

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(he) בָּרוּךְ שְׂפִּינוֹזָה
(la) Benedictus de Spinoza
(pt) Benedito de Espinosa Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de novembro de 1632 Editar o valor en Wikidata
Ámsterdam (Provincias Unidas) Editar o valor en Wikidata
Morte21 de febreiro de 1677 Editar o valor en Wikidata (44 anos)
A Haia (Provincias Unidas) Editar o valor en Wikidata
Causa da mortetuberculose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaNieuwe Kerk (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesBenedictus de Espinoza, Bento Spinoza, Bento de Espinoza
Grupo étnicoSefardí Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Leiden Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía, Ética, epistemoloxía e metafísica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo A Haia (1669–1677)
Rijnsburg (en) Traducir (1663–1663)
Voorburg (en) Traducir (1663–1669)
Ámsterdam (1660–1660) Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfilósofo, politicólogo, gramático, grinder of lenses (en) Traducir, tradutor da Biblia, teólogo Editar o valor en Wikidata
Período de tempoFilosofia do século XVII (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Collegiants (en) Traducir (1660–1663) Editar o valor en Wikidata
MovementoRacionalismo e Filosofía occidental Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFranciscus van den Enden (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosGottfried Wilhelm Leibniz Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Familia
Cónxuxesen valor Editar o valor en Wikidata
PaisMiguel de Espinoza Editar o valor en Wikidata  e Hanna Debora Marques Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Спиноза Бенедикт)
Enciclopedia Larousse en liña
Enciclopedia Xudía de Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
BNE: XX892756 Bitraga: 4354 Musicbrainz: d5587441-9bdd-410b-a8f8-2fa320b5fdae Discogs: 2802877 WikiTree: Espinosa-427 Find a Grave: 31022656 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Orixe familiar

editar

Naceu no seo dunha familia de orixe xudía sefardí procedente de Portugal que escaparan da Inquisición da Coroa de Castela, e como moitos outros, foron forzados a converterse ao cristianismo, aínda que continuaron practicando o xudaísmo en segredo. Logo de enfrontarse á persecución da Inquisición tamén no Reino de Portugal, fuxiron a Ámsterdam.[3]

A nai de Spinoza, Hannah, faleceu cando el tiña case seis anos. Segundo algunhas fontes a orixe do apelído remóntase á localidade burgalesa de Espinosa de los Monteros.[4] Segundo Olga Gallego, a orixe familiar é ourensá, baseándose en documentos do século XVII. O seu pai, Michael ou Miguel, converteuse nun mercante e chegou a ser un dos directores da sinagoga de Ámsterdam. Segundo autores como Frederick Copleston e Xosé Manuel Domínguez entre outros, podería ter sido un galego da provincia de Ourense.[5] En 1909, o historiador Benito Fernández Alonso informou sobre documentos enviados por un catedrático de Feldkirch, Vorarlberg, que indicaban que o pai de Spinoza era ourensán, posibelmente dunha aldea que comeza por "Vid".[6] Segundo Fernández Alonso, Miguel Espinosa vivía na parroquia de Videferre, en Oímbra.[5] Non existen rexistros bautismais que confirmen esta teoría debido a que o arquivo parroquial ardeu en 1705 durante a guerra de Sucesión. Non obstante, a académica Gallego apunta que os Espinosa eran coñecidos como marranos, xudeus acusados de se converter ao cristianismo 'superficialmente'.

Bento Spinoza era políglota, falaba portugués ou galego-portugués,[7][8] castelán,[9] latín, neerlandés e probabelmente hebreo, lingua na que tería estudado a Maimónides na súa xuventude,[3] pola súa educación multicultural na comunidade sefardita de Ámsterdam.

Xudaísmo e excomuñón

editar

No verán de 1656, a comunidade xudía castigouno co chérem ou hérem (equivalente á excomuñón) polas súas afirmacións de que Deus é o mecanismo da natureza e do universo, que carece de personalidade, e a Biblia é un traballo metafórico e alegórico que se usou para ensinar a natureza de Deus, dúas proposicións baseadas nunha argumentación cartesiana. Despois da súa excomuñón adoptou o primeiro nome Benedictus, asinando con el (o equivalente en latín ao seu nome orixinal Bento ou Baruch, que significa "ben dito" ou "bendicido", tanto en portugués como en hebreo).[4]

Logo da edición do seu Tractatus Theologico-Politicus deixou de publicar ao non recibir críticas favorables ao seu tipo de cartesianismo. A Ética publicouse despois da súa morte, na Opera posthuma editada polos seus amigos.[10]

Filosofía

editar

Deus sive Natura

editar

Determinismo

editar

Spinoza cría profundamente no determinismo, que propuña que absolutamente todo o que acontece ocorre a través da operación da necesidade. Para el, mesmo o comportamento humano está totalmente determinado, a liberdade é a nosa capacidade para saber que somos determinados e comprender porque actuamos como actuamos. Deste xeito, liberdade non é a posibilidade de dicir "non" a aquilo que nos acontece, mais si a posibilidade de dicir "si" e comprender completamente porque as cousas deberán acontecer dese xeito.[11]

Ética

editar

A filosofía de Spinoza ten moito en común co estoicismo, mais difire moito dos estoicos nun aspecto importante: rexeitou a afirmación de que a razón pode dominar a emoción. Polo contrario, defendeu que unha emoción pode ser superada soamente por unha emoción maior. Para el, a distinción crucial era entre as emocións activas e pasivas, sendo as primeiras aquelas que son comprendidas racionalmente e as outras as que non o son.[11]

O desexo e a afectividade

editar

Para Spinoza todo ser particular (todo individuo) é unha expresión (un modo) da substancia. Polo que todo ser prolonga por si mesmo a forza desbordante da Natureza creadora, é dicir, trata de perseverar no seu ser, de afirmarse e realizarse cada vez máis. O ser humano non escapa a esta lei. Por iso Spinoza puido dicir que "a esencia do home é o desexo".

A afectividade non é outra cousa que a modulación do desexo: cando o desexo, entendido como potencia individual de existir cada vez máis de acordo coa natureza propia de cada un, exprésase e realízase, sentimos alegría; cando se ve contrariado, expresamos tristura. Todos os matices da afectividade consisten na diferenciación interna desas dúas tonalidades fundamentais que son a alegría e a tristura. Así o bo para un ser é o que lle permite existir cada vez máis en conformidade coa súa natureza e que experimenta como unha necesidade positiva. Unha necesidade e unha forza cuxa fonte última é a propia Natureza-Deus-Substancia. Spinoza di que "non desexamos unha cousa porque sexa boa, senón o contrario: porque a desexamos dicimos que é boa".

Aquí o xerme dun individualismo moral radical, pero é mester coidarse de interpretalo superficialmente. En efecto, debe estar orientado polo coñecemento verdadeiro de si mesmo. O saber filosófico supremo que permite a cada un recoñecerse como expresión da substancia; esta é o último obxecto e a fonte primeira do desexo humano.[11]

Varios

editar

Referente de Einstein

editar

Albert Einstein cando en 1921 lle preguntou ao rabino H. Goldstein, de Nova York, se cría en Deus, respondeu: “Creo no Deus de Spinoza, que se revela por si mesmo na harmonía de todo o que existe, e non no Deus que se interesa pola sorte e polas accións dos homes”

Retrato na moeda neerlandesa

editar

O retrato de Spinoza estaba impreso nos antigos billetes de 1000 floríns, a moeda oficial dos Países Baixos ata á introdución do euro no 2002.

Relación con Galiza

editar

Spinoza escribiu, entre outras linguas, en portugués ou galego-portugués[7] e, como se dixo, tivo probabelmente orixes familiares ourensás.

O ilustrado galego Benito Xerónimo Feijoo foi o introdutor en España do spinozismo, a través do seu Teatro Crítico Universal.[12]

Desde 2008, o IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela convoca o Premio de Ensaio Bento Spinoza. Foi presentado durante a visita de Stephen Hawking a Compostela e convócase xunto a outros premios como o Premio Stephen Hawking de Xoves Investigadores e o Premio Literario San Clemente.[13][14]

  1. "Spinoza, Baruch de". Diciopedia do século 21 3. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1966. 
  2. 2,0 2,1 Nadler, Steven (2024). Zalta, Edward N.; Nodelman, Uri, eds. Baruch Spinoza (Spring 2024 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University. 
  3. 3,0 3,1 "Benedict de Spinoza". www.britannica.com (en inglés). 2025-01-18. Consultado o 2025-01-29. 
  4. 4,0 4,1 "Baruch de Spinoza - Encyclopaedia Herder". encyclopaedia.herdereditorial.com (en castelán). Consultado o 2025-01-29. 
  5. 5,0 5,1 "El padre del filósofo Spinoza pudo ser un ourensano judío del XVII". La Voz de Galicia (en castelán). 2007-01-24. Consultado o 2025-01-29. 
  6. Valcárcel Domínguez, Antonio. "Benito Spinoza, el filósofo de origen gallego sefardita". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2025-01-29. 
  7. 7,0 7,1 "Textos em Galego-Português de Bento Spinoza conservados na Holanda - PGL". pgl.gal (en portugués). 2008-10-31. Consultado o 2025-01-29. 
  8. No século XVII, as falas galegas e portuguesas eran moi próximas, e se as orixes familiares eran galegas, terían trazos na súa variante lingüística.
  9. O castelán que falaba probabelmente era próximo ao castelán ibérico da época. A comunidade sefardita das Provincias Unidas difería das do Imperio Otomán, pois predominaban nela os conversos que retornaran ao xudaísmo, sen tantos elementos de lingua sefardí ou do xudeo-portugués.
  10. "Spinoza. A Life". Cambridge University Press; Early modern philosophy (en inglés). Consultado o 2025-01-29. 
  11. 11,0 11,1 11,2 Deleuze, Gilles (1988-04). Spinoza: Practical Philosophy (en inglés). City Lights Books. ISBN 978-0-87286-218-0. 
  12. "La figura de Spinoza en El Teatro Crítico Universal de Benito Feijoo; Spinoza’s figure in Benito Feijoo’s Universal Critical Theater" (PDF). ri.conicet.gov.ar (en castelán e inglés). 
  13. "Premio Stephen Hawking de xoves investigadores". sites.google.com. Consultado o 2025-01-29. 
  14. "Premio Bento Spinoza". Premio San Clemente (en castelán). Consultado o 2025-01-29. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar