Filosofía occidental
A filosofía occidental é o pensamento e obra filosófica do mundo occidental. En xeral, considérase que comeza coa filosofía da Grecia antiga. O seu primeiro desenvolvemento produciuse principalmente en Europa e nos países do Mediterráneo.
Termo
editarO termo foi inventado recentemente para referirse ao pensamento filosófico da civilización occidental, comezando pola filosofía grega antiga e, finalmente, abarcando unha grande área de todo o globo. A propia palabra filosofía orixinouse na antiga Grecia: philosophia (φιλοσοφία), literalmente "o amor á sabedoría" (φιλεῖν - philein "amar" e σοφία - sophia, "sabedoría").[1][2]
A filosofía occidental é diferente da filosofía oriental, que se desenvolveu en países asiáticos como China, Persia, Xapón, India ou Corea. O pensamento filosófico desenvolvido en Babilonia ou no Exipto antigo e o relativo ao Islam, ás veces, considérase "oriental" e outras veces como "occidental".[3][4]
Orixes
editar- Artigo principal: Historia da filosofía.
O alcance da filosofía no entendemento antigo e os escritos (polo menos algúns) dos filósofos antigos foron todos esforzos intelectuais. Isto incluía os problemas da filosofía tal e como se entenden hoxe en día, pero tamén incluía moitas outras disciplinas, como as matemáticas puras e as ciencias naturais como a física (a mesma palabra φυσικός physikós significa «natural, relativo a natureza»),[5] a astronomía e a bioloxía. Os presocráticos, os pitagóricos, Platón ou Aristóteles, por exemplo, escribiron sobre todos estes temas, pero os pensadores gregos tamén desenvolveron teorías éticas e políticas que aínda hoxe se estudan e inflúen sobre o pensamento occidental.
A diferenza das disciplinas modernas, os filósofos antigos non facían unha clara distinción entre diferentes áreas do coñecemento. A súa busca da sabedoría e verdade estaba entrelazada coa súa investigación e cos seus pensamentos sobre a moralidade e a sociedade. A idea de que o universo é un cosmos ordenado, no que todo está interconectado, impulsou a integración destas disciplinas nunha cosmovisión unificada do mundo.
Con todo, o desenvolvemento da filosofía e do coñecemento na antigüidade estaba tamén condicionado polos mitos culturais da época. Antes da chegada do método científico, non existía unha clara distinción entre campos como a astroloxía e a astronomía. O entendemento do universo estaba intrinsecamente ligado a explicacións mitolóxicas que atribuían fenómenos naturais á acción de deidades e forzas sobrenaturais. Así, a astronomía, entendida como a ciencia que estudaba os astros, compartía moitos puntos de encontro cos mitos que explicaban o movemento dos corpos celestes como un reflexo das accións divinas. Aínda que eran conscientes da súa distinción, a confluencia de Mithos e Logos (mito e razón) caracterizou o pensamento antigo. A transición do mito á razón non foi sen dificultades. Aínda que filósofos como Heráclito ou Parménides comezaron a buscar explicacións lóxicas e racionais para os fenómenos naturais, o Mithos seguía a ter un papel importante na forma en que se comprendía o mundo. Por exemplo, a observación dos astros non só servía para a navegación ou para estudar os ciclos naturais, senón tamén para a adiviñación ou para entender os desexos dos deuses. Así, a separación entre mito e razón foi un proceso gradual no que os primeiros pensadores gregos tentaron afastarse das explicacións mitolóxicas e mesmo as utilizaron como metáforas (por exemplo os mitos platónicos como o mito da caverna ) pero aínda se viron influenciados por elas na súa concepción do cosmos e da natureza.[6]
Influencias interculturais
editarAs expansións alexandrinas marcaron non só un cambio territorial, senón que tamén catalizou un intercambio filosófico. A fusión de ideas gregas con prácticas budistas deu lugar ao chamado budismo greco-budista, especialmente nas rexións Gandhara e Bactria. A síntese cultural influíu no desenvolvemento de representacións artísticase conceptos filosóficos gregos dentro das prácticas budistas. Ademais, as interaccións entre o hinduísmo e outras culturas asiáticas e a filosofía occidental mostraron un intenso diálogo intercultural ao longo da historia do pensamento.[7][8]
Tamén o mundo exipcio desenvolveu unha filosofía propia nun espazo de transición cultural e influencia recíproca. Aínda que tradicionalmente non se clasifica dentro da filosofía occidental, o pensamento exipcio antigo compartía diversas preocupacións cos filósofos gregos, particularmente no que se refire á reflexión sobre a moralidade e o cosmos. Os pitagóricos, coñecidos pola súa fascinación polos números e as proporcións tiveron cos exipcios influencias recíprocas debido ao avanzado desenvolvemento matemático exipcio.[9]
Estas relacións non se limitaron ás fronteiras do mundo helénico mediterráneo. Co paso do tempo, o intercambio filosófico continuou a través de varios canais, incluíndo o comercio, a conquista e o diálogo académico. A influencia da filosofía islámica, por exemplo, xogou un papel no renacemento da filosofía europea na Idade Media.[4][10]
Notas
editar- ↑ Maria Carolina Cristianini (01-06-2005). "Filosofia ocidental: idéias na busca da verdade" (en portugués). Consultado o 26 de julho de 2013.
- ↑ "Filosofia". brasilescola.com (en portugués). Consultado o 26 de xullo de 2013.
- ↑ Zonta, Mauro; Manekin, Charles (2024). Zalta, Edward N.; Nodelman, Uri, eds. Influence of Arabic and Islamic Philosophy on Judaic Thought (Spring 2024 ed.). Metaphysics Research Lab, Stanford University.
- ↑ 4,0 4,1 "Averroes y Maimónides, filósofos de al-Andalus". unesdoc.unesco.org (en castelán). Consultado o 2025-01-27.
- ↑ Portal das Palabras. "Física". Consultado o 19/9/2015.
- ↑ W. K. C. Guthrie (1986). Guthrie, William K. C.. Historia De La Filosofía Griega II [G] [ocr] [1986].
- ↑ McEvilley, Thomas (2002). The Shape of Ancient Thought: Comparative Studies in Greek and Indian Philosophies (en inglés). Allworth Press. ISBN 978-1-58115-203-6.
- ↑ Foltz, Richard (2010). "Religions of the Silk Road". SpringerLink (en inglés). doi:10.1057/9780230109100.
- ↑ Assmann, Jan (2002). The mind of Egypt : history and meaning in the time of the Pharaohs. New York : Metropolitan Books. ISBN 978-0-8050-5462-0.
- ↑ Gutas, Dimitri (1998). Greek thought, Arabic culture : the Graeco-Arabic translation movement in Baghdad and early ʻAbbāsid society (2nd-4th/8th-10th centuries). Londres ; Nova York : Routledge. ISBN 978-1-134-92635-0.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Kenny, Anthony. A New History of Western Philosophy (Oxford University Press; 2011) 1.058 páx.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre filosofía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |