Silvana Mangano
Silvana Mangano ([silˈvana ˈmaŋɡano]), nada en Roma o 21 de abril de 1930[1] e finada en Madrid o 16 de decembro de 1989, foi unha actriz italiana.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de abril de 1930 ![]() Roma, Italia ![]() |
Morte | 16 de decembro de 1989 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | cancro de pulmón ![]() |
Lugar de sepultura | Pawling Cemetery (en) ![]() ![]() |
Actividade | |
Ocupación | modelo, actriz de cinema, actriz ![]() |
Período de actividade | 1945 ![]() ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Dino De Laurentiis (1949–1988) ![]() |
Fillos | Veronica De Laurentiis, Raffaella De Laurentiis ![]() |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, ![]() ![]() |
Sitio web | silvanamangano.it ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarNada en Roma, de pai italiano e nai inglesa (Ivy Webb, de Croydon), Mangano viviu na pobreza provocada pola segunda guerra mundial. Adestrada durante sete anos como bailarina, traballou tamén como modelo.
En 1946 gañou o concurso de beleza de "Miss Roma", a través do que logrou un papel nun filme de Mario Costa. Ao ano seguinte participou no concurso de Miss Italia, que gañou Lucia Bosè e no que tamén participaron futuras estrelas como Gina Lollobrigida, Eleonora Rossi Drago e Gianna Maria Canale.
A súa relación co actor Marcello Mastroianni levouna a conseguir un contrato cinematográfico, aínda que o seu descubrimento internacional foi coa súa interpretación en Arroz amargo (Giuseppe De Santis, 1949). Posteriormente, asinou un contrato con Lux Film, en 1949, e casou con Dino De Laurentiis, que estaba a piques de converterse nun recoñecido produtor.[1]
Sen chegar á altura de Sophia Loren ou Gina Lollobrigida, Mangano foi unha das estrelas favoritas do cinema italiano nas décadas de 1950 a 1970.
Tras unha operación cirúrxica o 4 de decembro de 1989 caeu en coma e faleceu en Madrid a noite do 15 ao 16 dese mes, vítima dun cancro de pulmón.
Filmografía
editar- Arroz amargo (1949) - Silvana
- Anna (1951) - Anna
- Ulysses (1954) - Circe / Penelope
- Barrabás (1961) - Rachel
- Il disco volante (1964) - Vittoria Laconiglia
- Edipo re (1967)) - Jocasta
- Teorema (1968) - Lucia (a nai)
- Morte a Venezia (1971) - nai de Tadzio
- Gruppo di famiglia in un interno (1974) - Marchesa Bianca Brumonti
- Dune (1984) - Rev. Mother Ramallo
- Oci ciornie (1987)
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Silvana Mangano |