Arroz amargo
Arroz amargo (en italiano: Riso amaro) é un filme italiano de 1949 escrito e dirixido por Giuseppe De Santis. Producido por Dino De Laurentiis, está protagonizado por Silvana Mangano, Raf Vallone, Doris Dowling e Vittorio Gassman. Arroz amargo foi un éxito comercial en Europa e os Estados Unidos e está considerada unha obra do neorrealismo italiano. Malia que non gañou ningún galardón, foi nomeado Oscar ó mellor argumento na 23ª edición dos premios, e entrou na competición do Festival Internacional de Cinema de Cannes.
Arroz amargo | |
---|---|
![]() Silvana Mangano no filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Riso amaro |
Director | Giuseppe De Santis |
Produtor | Dino De Laurentiis |
Guión | Giuseppe De Santis Carlo Lizzani Gianni Puccini |
Intérpretes | Vittorio Gassman Doris Dowling Silvana Mangano Raf Vallone Checco Rissone Carlo Mazzarella |
Música | Goffredo Petrassi |
Fotografía | Otello Martelli |
Montaxe | Gabriele Varriale |
Distribuidora | Lux Film Distributing Corporation |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 108 minutos |
Orixe | ![]() |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Estreouse en galego o 19 de xuño de 1989 a través da TVG.[1]
Sinopse
editarO filme comeza coa tempada de plantación de arroz no norte de Italia. Nun intento de escapar da lei, dous rateiros, Francesca (Doris Dowling) e Walter (Vittorio Gassman), agóchanse entre a multitude de mulleres traballadores que se dirixen aos campos de arroz no val do Po. Mentres intentan montar no tren, a parella achégase a Silvana (Silvana Mangano), traballadora campesiña- Francesca monta no tren con Silvana, que lle amosa a súa forma de vida. Francesca non ten permiso de traballo, e loita coas "ilegais" para atopar un lugar nos campos. Tras unha resistencia inicial das traballadoras legais e dos xefes, permíteselles traballar. No campo, Silvana e Francesca coñecen un soldado a piques de licenciarse, Marco (Raf Vallone), que intenta sen éxito atraer o interese de Silvana.
Contra o final da tempada, Walter chega aos campos, intentando roubar unha gran cantidade de arroz. Excitada polo seu estilo de vida criminal, Silvana séntese atraída por Walter. A ela divírtelle axudar a levar a cabo o atraco, mais Francesca e Marco se encargan de parar a Walter e os seus cómplices. Francesca e Silvana enfróntanse unha á outra, armadas con pistolas; Francesca explícalle a Silvana que fora manipulada por Walter. Como resposta, Silvana dirixe a súa arma a Walter e mátao. Pouco despois, a culpa lévaa a cometer suicidio. Mentres as outras traballadoras marchan, homenaxéana botando arroz sobre o seu cadáver.
Personaxes
editar- Vittorio Gassman como Walter
- Doris Dowling como Francesca
- Silvana Mangano como Silvana
- Raf Vallone como Marco
- Checco Rissone como Aristide
- Nico Pepe como Beppe
- Adriana Sivieri como Celeste
- Lia Corelli como Amelia
- Maria Grazia Francia como Gabriella
- Dedi Ristori como Anna
- Anna Maestri como Irene
- Mariemma Bardi como Gianna
- Maria Capuzzo como Giulia
- Isabella Zennaro como Rosa
- Carlo Mazzarella como Gianetto
Notas
editar- ↑ "Programación da TVG". ABC. 19 de xuño de 1989. Consultado o 15 de marzo de 2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arroz amargo |
Bibliografía
editar- Gundle, Stephen, 2007. Bellissima: Feminine Beauty and the Idea of Italy. Yale University Press. ISBN 9780300123876.
- Marcus, Millicent, 1986. Italian Film in the Light of Neorealism. Princeton University Press. ISBN 9780691102085.
Ligazóns externas
editar- Arroz amargo na IMDb (en inglés).