Segundo Echegaray García
Segundo Echegaray García, nado en Buenos Aires o 5 de decembro de 1900 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un perito industrial e empresario galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de decembro de 1899 ![]() Buenos Aires, Arxentina ![]() |
Morte | 15 de setembro de 1936 ![]() Cabral, España ![]() |
Causa da morte | paseo, execución por arma de fogo ![]() |
Lugar de sepultura | Buenos Aires ![]() |
Actividade | |
Ocupación | perito industrial, empresario ![]() |
Familia | |
Pai | Martín Echegaray Olañeta ![]() |
Irmáns | Martín Echegaray García ![]() |
![]() |
Marcial Araújo Conde
Eugenio Arbones Castellanzuelo
Luís Bilbatúa Zubeldia
Segundo Echegaray García
Adolfo Morgade Pazos
Abraham Muñoz Arconada
Inocencio Taboada Montoto.
O pobo non esquece.
15 de setembro de 2007."[1]
Traxectoria
editarEra fillo de Martín Echegaray Olañeta (1866-1931), propietario da illa de Toralla. Masón, pertencía, igual que pertencera o pai, á loxa Vicus nº 8.[2] Cando o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 agochou a Enrique Blein Budiño, exalcalde e amigo da familia. Segundo foi detido e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro con Eugenio Arbones Castellanzuelo, Abraham Muñoz Arconada, Luís Bilbatúa Zubeldia, Inocencio Taboada Montoto, Marcial Araujo Conde e Adolfo Morgade Pazos.[3] Os seus restos foron trasladados a Buenos Aires, onde descansan no panteón familiar.
Tralo asasinato de Segundo, a nai, Inocencia García Iglesias, e os irmáns: Eduarda, Juan Luis, Isabel e Inocencia, exiliáronse na Arxentina. O irmán Martín, pintor, refuxiouse en Francia.
Notas
editar- ↑ "Un recuerdo que no fue bien acogido por algunos". La Voz de Galicia (en castelán). 24/10/2007.
- ↑ "Ficha de encausado de Segundo Echegaray García" Centro Documental de la Memoria Histórica.
- ↑ "Un monumento recordará a un grupo de siete personas fusiladas en Cabral en septiembre de 1936". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de setembro de 2007.