Adolfo Morgade Pazos
Adolfo Morgade Pazos, nado en Pontevedra cara a 1886 e finado en Vigo o 15 de setembro de 1936, foi un médico galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1886 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Morte | 15 de setembro de 1936 ![]() Cabral, España ![]() |
Causa da morte | paseo, execución por arma de fogo ![]() |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | médico ![]() |
![]() |
Marcial Araújo Conde
Eugenio Arbones Castellanzuelo
Luís Bilbatúa Zubeldia
Segundo Echegaray García
Adolfo Morgade Pazos
Abraham Muñoz Arconada
Inocencio Taboada Montoto.
O pobo non esquece.
15 de setembro de 2007."[1]
Traxectoria
editarEstudou no Colexio de San Luís Gonzaga de Pontevedra. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela en 1911[2]. Logo de casar en 1913 marchou a Buenos Aires, onde foi médico do Hospital Español[3]. Regresou en 1918 e instalouse como médico en Pontevedra e máis tarde en Vigo. Tiña casa en Borela (Cerdedo-Cotobade). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido no Frontón e asasinado polos falanxistas en Cabral o 15 de setembro con Eugenio Arbones Castellanzuelo, Segundo Echegaray García, Abraham Muñoz Arconada, Luís Bilbatúa Zubeldia, Inocencio Taboada Montoto e Marcial Araújo Conde.[4]
Vida persoal
editarCasou en Pontevedra con Pilar Cebral Barcia en 1913[5].
Notas
editar- ↑ "Un recuerdo que no fue bien acogido por algunos". La Voz de Galicia (en castelán). 24 de outubro de 2007.
- ↑ Diario de Galicia, 7-6-1911, p. 2.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 31-10-1918, p. 2.
- ↑ "Un monumento recordará a un grupo de siete personas fusiladas en Cabral en septiembre de 1936". La Voz de Galicia (en castelán). 16 de setembro de 2007.
- ↑ El Progreso, 20-6-1913, p. 2.