Sebastián Lores González
Sebastián Lores González, nado en Lérez o 16 de novembro de 1879 e finado en Pontevedra o 21 de outubro de 1965, foi un empresario da construción, concelleiro de Pontevedra, vogal nacional e xefe provincial do Sindicato da Construción, conderado coa Medalla ao Mérito no Traballo.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de novembro de 1879 ![]() Lérez, España ![]() |
Morte | 21 de outubro de 1965 ![]() Pontevedra, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, político ![]() |
Traxectoria
editarFoi fillo de Andrés Lores Solla, presidente da Asociación Protectora do Obreiro.[1] Traballou coma contratista de obras en Pontevedra e en Santiago de Compostela, chegando a converterse nun destacado empresario da construción a nivel provincial tras participar en proxectos como a fábrica de Cerámica A Caeira do marqués de Riestra en Pontevedra, a Casa de Baños A Iniciadora de estilo art nouveau na avenida Cánovas do Castelo de Vigo, os Saltos da Barbanza en Pobra do Caramiñal, e a fábrica de Massó de estilo art déco, actual Museo Massó, en Bueu.[2]
Demostrando sempre interese polas condicións laborais dos traballadores, comezou a súa actividade sindical como secretario da Federación Obreira de Pontevedra e membro directivo da Sociedade de Socorros Mutuos, e en recoñecemento á súa xestión durante case tres décadas, en 1947 foi nomeado xefe provincial e vogal nacional do Sindicato da Construción.[3][4][5] En 1952 acedeu a través do Terzo Sindical como candidato máis votado ao Concello de Pontevedra en calidade de concelleiro e membro da Comisión de Gobernación baixo a alcaldía de Juan Argenti Navallas, e o mesmo ano foi elixido Presidente da Sociedade Recreativa de Artesáns.[6][7][8]
Á fronte do Sindicato trazou e promoveu durante o seu mandato un plan de construción de vivendas para obreiros a través dun sistema de axudas mutuas e subvencións de materiais mediante o cal todos os traballadores poderían dispor dunha vivenda familiar en propiedade á conta dunha renda mensual mínima. Por decisións alleas, lamentablemente nunca logrou pór en práctica esta iniciativa a pesar de tentalo até a súa xubilación, con preto de oitenta anos de idade.[2]
Tendo aínda tres anos por diante en activo, o 13 de decembro de 1953 foi condecorado no Palacio Municipal de Pontevedra coa Medalla ao Mérito no Traballo, en recompensa a “unha vida de exemplar honestidade, modelo de virtudes profesionais”, “así coma pola destacada labor social realizada desde o Sindicato en favor dos traballadores do gremio”, sendo considerado “o primeiro aristócrata pontevedrés do traballo” e “un exemplo digno de imitación para patróns e obreiros”.[9][10][11]
Vida persoal
editarFoi tío do futbolista e adestrador Manuel Carballo Lores “Carolo”, e avó de Agustín Estévez Lores “Tito”, porteiro do Pontevedra Club de Fútbol.[12]
Condecoracións
editarNotas
editar- ↑ "Homenaje al Sr. Montero Ríos". La Opinión. 3 de setembro de 1896. p. 2.
- ↑ 2,0 2,1 A. García Fernández (13 de decembro de 1953). "Don Sebastián Lores González, recibe hoy la Medalla al Mérito en el Trabajo". El Pueblo Gallego. p. 8.
- ↑ "Una asamblea en Pontevedra". El Tea. 23 de febreiro de 1919. p. 2.
- ↑ "Nuevas Directivas". El Progreso. 30 de decembro de 1928. p. 2.
- ↑ "Jerarquías y representaciones sindicales de esta provincia en Madrid". El Pueblo Gallego. 11 de novembro de 1948. p. 4.
- ↑ "Elecciones para el tercio sindical en Galicia". Hoja Oficial del Lunes. 3 de decembro de 1951. p. 2.
- ↑ "Vida municipal". El Pueblo Gallego. 1 de junio de 1956. p. 9.
- ↑ "Las directivas del Mercantil y Artesanos". El Pueblo Gallego. 1 de febreiro de 1952. p. 6.
- ↑ "El homenaje al Jefe del Sindicato de la Construcción, Sr. Lores, tendrá lugar el día 13 próximo". El Pueblo Gallego. 2 de decembro de 1953. p. 2.
- ↑ Boletín Oficial del Estado, Orden de 11 de setembro de 1953.
- ↑ "Imposición de la Medalla del Trabajo al Jefe del Sindicato Provincial de la Construcción señor Lores González". El Pueblo Gallego. 15 de decembro de 1953. p. 8.
- ↑ "Sociedad". La Noche. 13 de xullo de 1960. p. 5.