Río Barbanza

curso fluvial na provincia da Coruña

O río Barbanza é un pequeno río da provincia da Coruña.

Modelo:Xeografía físicaRío Barbanza
Imaxe
Río Barbanza, xunto a Arca da Barbanza.
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaProvincia da Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Localizaciónría de Arousa Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°38′06″N 8°57′20″O / 42.635, -8.9556
Características
Altitude540 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións12 (lonxitude) km

Descrición

editar

Nalgunhas obras (como a Gran Enciclopedia Galega) o Barbanza aparece como un afluente do río Pedras. Porén, na bastante exhaustiva obra de Río Barxa e Rodríguez Lestegás, Os ríos galegos, o Barbanza é, sen dúbida, o río principal. A maiores debe terse en conta que, nos mapas onde o Pedras figura como curso principal, figura ao seu pé a localidade da Ponte Barbanza, o que mostra que o curso principal é o que aquí se mantén.

Fontes

editar

Nace a unha altura de 540 m, no concello de Boiro, na aba do monte Xestoso, que forma parte da serra do Barbanza, na península do mesmo nome, que constitúe un espléndido horst granítico sobre o mar.

Percorrido

editar

O Barbanza desenvolve un percorrido curto, con grande inclinación, no que forma cachóns e fervenzas, con estanques intermedios. Desemboca na Pobra do Caramiñal, preto do lugar de Pontes, sobre a ría de Arousa. A lonxitude total do río é de 12 km.

Afluentes

editar

O seu principal afluente pola dereita é o río Pedras, que ten un curso semellante. Pola esquerda, e pouco antes de desembocar, recibe o Río Lérez.