Rodrigo Álvarez Gantes
Rodrigo Álvarez Gantes, nado en Ponteceso en 1906 e finado en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1937, foi un mestre e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1906 ![]() Ponteceso, España ![]() |
Morte | 23 de febreiro de 1937 ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre, político ![]() |
Partido político | Izquierda Republicana ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo do garda civil Domingo Álvarez Fernández, natural do Navallo (provincia de Ourense), e de Carmen Gantes Palleiro, natural de San Cristovo. Trasladouse coa familia a Santiago de Compostela, onde estudou Maxisterio na Escola Normal. Foi elixido vogal da directiva da Asociación Profesional de Estudantes de Maxisterio o 30 de outubro de 1930.[1]
Foi mestre de Meixide (Palas de Rei) ata 1934. Destinado na escola de pósito de pescadores de Escarabote, militante de Izquierda Republicana, foi concelleiro en Boiro logo do triunfo da Fronte Popular en febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído o 21 de agosto e, posteriormente, detido co tamén mestre José Caballero Rubio. Foi xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 1 de febreiro de 1937 con Braulio Castro Gallardo, Juan Outeiral, Ramón Lojo Agrelo, Santiago Miranda Lapido, José Maceiras Vilasoa e Bautista Torrado Rivadulla e condenado a morte.[2] Foi fusilado o 23 de febreiro de 1937 xunto co seu compañeiro de corporación Juan Outeiral. Con eles tamén foron fusilados José Maceiras Vilasoa, Santiago Miranda Lapido, Ramón Lojo Agrelo, Bautista Torrado Rivadulla e Braulio Castro Gallardo.
O seu irmán Enrique, que exercía como mestre en Carballo foi destituído o 17 de agosto de 1938, e a súa irmá Clarisa, mestra de Landeira (Negreira), foi suspendida de emprego e soldo por seis meses.
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Rodríguez Gallardo, Antón (29-9-2006). "Represión contra catro concelleiros da República". La Voz de Galicia: Barbantia L8.
- Rodríguez Gallardo, Antón (2022). A Segunda República en Boiro (1931-1936) (PDF). Deputación da Coruña. ISBN 978-84-9812-394-4.
Ligazóns externas
editar- Biografía en Ideologías (en castelán)
- Carta de Rodrigo ao seu irmán Enrique a véspera da súa execuciónArquivado 24 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.