Ramón Lojo Agrelo
Ramón Lojo Agrelo, nado na Boliña (Boiro) o 3 de agosto de 1905[1] e finado en Boisaca (Santiago de Compostela) o 23 de febreiro de 1937, foi un labrego galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de agosto de 1905 ![]() A Boliña, España ![]() |
Morte | 23 de febreiro de 1937 ![]() Boisaca, España ![]() |
Causa da morte | fusilamento, ferida por arma de fogo ![]() |
Actividade | |
Ocupación | labrego ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFoi un dos promotores da sociedade agraria La Fraternidad.[1] Foi detido pola súa actividade sindicalista tralo golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 e sinalado por recadar armas para o comité defensa da República en agosto de 1936.[1] Xulgado en Santiago de Compostela en consello de guerra o 1 de febreiro de 1937 xunto con Juan Outeiral, José Maceiras Vilasoa, Santiago Miranda Lapido, Bautista Torrado Rivadulla, Braulio Castro Gallardo e Rodrigo Álvarez Gantes e condenados a morte,[2][3] foron fusilados no cemiterio de Boisaca o 23 de febreiro de 1937.[3]
Recoñecementos
editarO BNG de Boiro recordou a Ramón Lojo Agrelo no Día da Galiza Mártir de 2015 e o seu nome foi inscrito no monumento que conmemora os represaliados do concello na rotonda de Cimadevila.[1]
Vida persoal
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "O BNG recordou a Ramón Lojo, asasinado no ano 1937". La Voz de Galicia. 19-08-2015. Consultado o 14-11-2024.
- ↑ El Diario de Pontevedra, 2-2-1937, p. 2.
- ↑ 3,0 3,1 Rodríguez Gallardo, Antón (2022). "Fusilamentos en Boisaca e penas de prisión tras consellos de guerra" (PDF). A Segunda República en Boiro (1931-1936). Entre o caciquismo inmobilista e a mobilización socio política da xente do común. Deputación da Coruña. p. 261-262. ISBN 978-84-9812-394-4. Depósito legal: C-385-2022.
- ↑ Os paseados en Rianxo (1936-1939) 2022, Ramón Lojo Agrelo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Os paseados en Rianxo (1936-1939). CRMH Barbanza. Concello de Rianxo. 2022. Consultado o 18-10-2024.