Rodalies de Catalunya
Rodalies de Catalunya (antigamente Rodalies Barcelona) é unha marca comercial utilizada pola Generalitat de Cataluña e Renfe Operadora para servizos ferroviarios de proximidades (rodalies en catalán) traspasados polo Ministerio de Fomento de España á Generalitat a partir do 1 de xaneiro de 2010 e os servizos ferroviarios de rexionais traspasados o 1 de xaneiro de 2011.
Os servizos de proximidades son operados por Renfe Operadora e circulan pola rede ferroviaria de largo ibérico de Adif, a través das liñas da rexión metropolitana de Barcelona.
Actualmente a rede conta con seis liñas de rexionais non integradas na rede de transporte público e sete liñas de proximidades integradas no sistema tarifario de seis zonas creado pola Autoritat del Transport Metropolità (ATM Àrea de Barcelona) que inclúe tamén autobuses, tranvía e trens de proximidades do Ámbito metropolitano de Barcelona e comarcas limítrofes.
Historia
editarIncidencias
editarDurante o último trimestre de 2007 a rede de proximidades (rodalies) de Renfe Operadora, afectando tamén á de rexionais, sufriu unha serie de avarías e alteracións causadas ou empeoradas pola construción da liña de alta velocidade Madrid-Barcelona, que obrigaron a introducir a denominada "Devolución Xpress", que facilita a devolución de billetes aos viaxeiros que sufran atrasos de máis de quince minutos. Ademais, o Ministerio de Fomento prometeu aumentar os investimentos nas infraestruturas ferroviarias.
Principalmente os problemas incidiron na rede operada por Renfe Operadora e propiedade de Adif, pero de rebote tamén afectaron á liña Llobregat-Anoia de FGC. A rede de Renfe interrompeu durante 40 días algúns servizos, e os servizos de FGC durante dous meses.
Traspaso á Generalitat
editarCoa aprobación da Estatuto de Autonomía de Cataluña de 2006 iniciáronse as conversacións entre a Generalitat de Cataluña e o Goberno de España sobre os traspasos de diferentes servizos de ferrocarrís que eran competencia do Estado e que a Generalitat reclama en virtude do artigo 169 do Estatuto: "a Generalitat ten competencia exclusiva sobre os transportes terrestres de viaxeiros e mercancías por estrada, ferrocarril e cable que transcorran integramente dentro do territorio de Cataluña".[1][2] José Luis Rodríguez Zapatero, presidente do Goberno de España, comprometeuse a traspasar o servizo de proximidade de Renfe en xaneiro de 2008 e finalmente chegou dous anos máis tarde.[3]
O 29 de decembro de 2009 pechouse o traspaso do servizo de proximidade de Renfe a Cataluña nunha Comisión Mixta de Transferencias Administración do Estado-Generalitat. O acordo recoñece á Generalitat como a autoridade ferroviaria de proximidades a partir da 1 de xaneiro de 2010. En canto ao contrato con Renfe, a finais de 2010, a Generalitat poderá asinar un novo contrato con Renfe Operadora ou ben buscar outra operadora.
Os servizos que se traspasaron son todas as liñas de proximidades Barcelona e os servizos da liña de Puigcerdà entre Vic, Puigcerdà e La Tor de Querol.[4][5] En canto á infraestrutura o titular seguirá sendo Adif, é dicir o Estado. Co traspaso cambiouse a denominación Rodalies Barcelona pola de Rodalies de Catalunya.
Un ano máis tarde pechouse o acordo do traspaso dos rexionais, denominados por Renfe Media distancia, o 17 de novembro do 2010 nunha comisión mixta. Asumindo a xestión a 1 de xaneiro do 2011 e incorporándoos á marca Rodalies de Catalunya como servizos rexionais. Non se incluíron os servizos de rexionais de alta velocidade, Avant, nin os servizos entre comunidades autónomas como o de Valencia e Zaragoza.
Servizos de proximidade de Barcelona
editarA rede de proximidades (rodalies) está composta por sete servizos xestionados por Renfe Operadora. Enlaza cos servizos de proximidades de Ferrocarrils de la Generalitat de Catalunya en varias estacións.
Nome | << | >> | Primeiro servizo | Servizo actual | Estacións | Lonxitude (km) |
---|---|---|---|---|---|---|
Molins de Rei / L'Hospitalet de Llobregat | Mataró / Calella / Blanes / Maçanet-Massanes | 1848 | 1980 | 31 | 95'1 | |
Castelldefels | Granollers Centre | 1854 | 1980 | 34 | 130,7 | |
Aeroport | Sant Celoni / Maçanet-Massanes | |||||
Sant Vicenç de Calders / Vilanova i la Geltrú | Barcelona-Estació de França | |||||
L'Hospitalet de Llobregat | La Garriga / Vic / Ripoll / Puigcerdà / La Tor de Querol | 1875 | 1980 | 34 | 165,9 | |
Sant Vicenç de Calders / Vilafranca del Penedès / Martorell | Manresa | 1854 | 1980 | 39 | 143 | |
Barcelona-Sant Andreu Arenal | Cerdanyola Universitat | 1982 | 2005 | 7 | 15 | |
Martorell | Granollers Centre | 1982 | 2011 | 8 | 40 |
Servizos de proximidade del Camp de Tarragona
editarA rede de proximidades (rodalies) está composta por dous servizos xestionados por Renfe Operadora.
Nome | << | >> | Primeiro serveizo | Estacións |
---|---|---|---|---|
Reus | Tarragona | 2014 | 3 | |
Cambrils | L'Arboç | 2014 | 9 |
Servizos de proximidade de Xirona
editarA rede de proximidade (rodalia) está composta dun servizo xestionado por Renfe Operadora.
Nome | << | >> | Primeiro serveizo | Estacións |
---|---|---|---|---|
L'Hospitalet de Llobregat | Figueres | 2014 | 40 |
Servizos rexionais
editarA rede de rexionais está composta por seis servizos de Media Distancia, Catalunya Express, xestionados por Renfe Operadora.
Nom | << | >> | Primeiro servizo | Estacións | Lonxitude (km) | Nome anterior |
---|---|---|---|---|---|---|
Barcelona-Sants | Portbou | 1854 | 28 | 172 | Ca2 | |
L'Hospitalet de Llobregat | Lleida-Pirineus por Manresa | 1855 | 38 | 176 | Ca4b | |
Barcelona-Estació de França | Lleida-Pirineus por Valls | 1881 | 38 | 169 | Ca4a | |
Barcelona-Estació de França | Lleida-Pirineus por Tarragona e Reus | 1881 | 31 | 169 | Ca4a | |
Barcelona-Estació de França | Riba-roja d'Ebre por Tarragona e Reus | 1881 | 23 | 184 | Ca2 | |
Barcelona-Estació de França | Tortosa / Ulldecona | 1881 | 19 | 172 | Ca1 |
Notas
editar- ↑ Generalitat de Catalunya (ed.). "Artículo 169 do Estatuto de Autonomía de 2006". gencat (en catalán). Arquivado dende o orixinal o 02 de marzo de 2010. Consultado o 31 de marzo de 2010.
- ↑ "Estatuto de autonomía de Catalunya de 2006: Título IV". Viquitexts (en catalán). Consultado o 31 de marzo de 2010.
- ↑ CCMA (ed.). "Qué cambios supón o traspaso de proximidades á Generalitat?". 3cat24 (en catalán). Consultado o 31 de marzo de 2010.
- ↑ "Goberno e Generalitat firman o traspaso de proximidades a Cataluña". El País (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2010.
- ↑ Generalitat de Catalunya (ed.). "Traspaso de proximidades á Generalitat de Catalunya". Gencat (en catalán). Consultado o 31 de marzo de 2010.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |