Riga
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2024.) |
Riga (en letón: Rīga, [riːɡa] (AFI), escoitar) é a capital de Letonia, está situada na costa do Mar Báltico nas ribeiras da desembocadura do río Daugava. Riga é a segunda maior cidade dos Países Bálticos. O centro histórico de Riga está declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, a cidade caracterízase pola súa arquitectura Art Nouveau, comparable a de cidades como Viena, San Petersburgo ou Barcelona.
Rīga (lv) ![]() | |||||
Epónimo | Riga (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Letonia ![]() | ||||
Capital de | Reichskommissariat Ostland (pt) ![]() Ducado Unido do Báltico Free City of Riga (en) ![]() República Socialista Soviética de Letonia Ducado da Curlândia e Semigália (pt) ![]() Riga County (en) ![]() Confederação da Livonia (pt) ![]() Riga governorate (en) ![]() Livonia Governorate (en) ![]() República de Letonia (1918-1940) (1918–1940) Letonia (1990–) ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 605.273 (2024) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua letoa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 304 km² ![]() | ||||
Bañado por | Golfo de Riga, Río Dviná Occidental, Ķīšezers (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 6 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Jūrmala Municipio de Salaspils Municipio de Ropaži Municipio de Ķekava Municipio de Ādaži Municipio de Mārupe Municipio de Olaine Babite (pt) ![]() Município de Marupe (pt) ![]() Município de Carnikava (pt) ![]() Município de Kekava (pt) ![]() Município de Garkalne (pt) ![]() Município de Stopini (pt) ![]() ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Fundador | Albert (v. Buxhoeveden) ![]() | ||||
Creación | 1201 ![]() | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Vilnis Ķirsis (2023–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Riga City Council (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 17.647.619.000 € (2021) ![]() | ||||
PIB per cápita | 28.943 € (2021) ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | LV-1000 ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 66-67 ![]() | ||||
ISO 3166-2 | LV-RIX ![]() | ||||
Latvian toponymic names database ID (en) ![]() | 29779 ![]() | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | riga.lv ![]() | ||||
![]() |
Historia
editarA fundación da cidade data de 1201, cando o bispo alemán Albrecht von Buxhoeven chega de Bremen para evanxelizar e xermanizar a rexión de Livonia, habitada por pobos bálticos de relixión pagá.
No plano de expansión, o clero alemán foi apoiado pola orde livonia dos Irmáns Livonios da Espada en primeira instancia e logo pola orde Teutónica, que rematou por controlar non soamente Riga, senón todo o territorio da Letonia actual, aínda que as fraccións alemás empezaron finalmente a competir polo dominio da rexión e remataron por se debilitar mutuamente. Así a todo, grazas á adhesión A liga Hanseática, a cidade coñece un período de bonanza comercial durante todo o medievo, o que influíu para que se crease a clase mercantil, á que pertencían maioritariamente os alemáns, que mantivo o control político da cidade durante varios séculos.
Logo, a cidade pertenceu ós polacos e posteriormente ós suecos de 1621 a 1710, cando foi conquistada polos rusos tras unha guerra. A importancia de Riga para o Imperio Ruso medrou co tempo, ata que a cidade se converteu nun dos portos máis importantes de Rusia. Paralelamente, a poboación duplicouse en só cincuenta anos, entre 1850 e 1900. Neste período de grandes migracións internas, os alemáns remataron sendo unha minoría en comparación cos rusos e letóns, aínda que lograron mante-la súa posición social e política de maior prestixio por pouco tempo. A finais de 1891, a lingua oficial da cidade seguía sendo o alemán, se ben pronto sería substituído polo ruso.
Coa disolución do imperio tsarista, Riga convértese na capital da nova República independente de Letonia en 1918 .
Riga na segunda guerra mundial
editarEn 1940 Letonia foi anexada á Unión Soviética e ocupada polos alemáns durante a segunda guerra mundial de 1941 a 1944. Do 30 de novembro ao 8 de decembro de 1941 uns 24.000 xudeus de Riga e de toda Letonia foron confinados no Gueto de Riga e asasinados na matanza dos bosques de Rumbula. Rematada a guerra volveu ser ocupada polos soviéticos e os opositores políticos foron deportados a gulags.
O país recupera a súa independencia en 1991 coa caída da URSS e a desaparición da República Socialista Soviética de Letonia, da cal era tamén capital.
Xeografía
editarA cidade está á beira do mar Báltico, preto da desembocadura do Dvina Occidenta (en letón Daugava) no golfo de Riga. Riga está situada nunha chaira costeira e areosa no golfo de Riga que xurdiu despois do fin da última glaciación hai uns 11.000 anos. A chaira está a 1.10 m sobre o nivel do mar Báltico. Caracterízase por unha gran cantidade de lagos e ríos, o Daugava é o máis importante deles, flúe de sur a norte a través de Riga e parte en dúas a cidade. Riga está situada a 10 km da desembocadura do río Daugava no golfo de Riga.
A zona ten unha extensión de 307 km², a zona residencial esténdese máis de 67 km² (22%), 54 km² son de áreas industriais (17%), 25 km² estradas e rúas (8%), 58 km² son parques (19%) e outros 49 km² de auga (16%).
Economía
editarCase tódalas institucións financeiras do país áchanse en Riga; a máis importante é o banco central letón, chamado Banco de Letonia.
O intercambio co estranxeiro está aumentando dende xa fai algúns anos, e a cidade recibiu un novo pulo económico dende a entrada de Letonia na Unión Europea o 1 de maio de 2004.
En Riga concéntrase case a metade da produción industrial letoa. A industria de Riga está especializada no sector financeiro, os servizos públicos, a industria farmacéutica, de téxtiles, de moblaxe e de produtos manufacturados en xeral, ademais da construción de barcos.
O porto de Riga é un importante porto rexional e centro rexional de expedición vía cargo. Durante a época soviética, Riga era a segunda cidade rusa de occidente despois de San Petersburgo.
Poboación
editarA poboación da cidade diminuíu dende a independencia de Letonia en 1991 de 910.000 a 760.000, principalmente como resultado da emigración por parte da minoría rusa.
Riga é a cidade máis poboada dos países bálticos, con 739.232 habitantes en 2003. En Riga, os letóns representan o 42% da poboación, os rusos atinxen unha porcentaxe case igual. A maior parte dos letóns son protestantes, da fe evanxélica luterana, mentres que os rusos son ortodoxos.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/gl/timeline/hn0ljo9vl5yxp35wquf2mgl70zr0k3c.png)
Transportes
editarAs viaxes de negocios e de pracer a Riga aumentaron considerablemente nos últimos anos grazas ó melloramento da infraestrutura comercial e de transporte. En canto á cidade portuaria, Riga é o principal nó de transportes do país, nela conflúen os transportes ferroviarios e o sistema de estradas nacionais.
A maior parte dos turistas chega en avión ó Aeroporto Internacional de Riga, o máis grande dos países bálticos, modernizado en 2001 con ocasión do 800 aniversario da fundación da cidade. O transporte mariño conecta a cidade con Estocolmo, Kiel (Alemaña) e Lübeck (Alemaña).
Os turistas denomínana a París do leste pola cantidade de atractivos turísticos e cafés sobre as vereas.
Lugares de interese
editarO centro histórico de Riga foi declarado en 1997 Patrimonio da Humanidade pola UNESCO, en virtude dos seus edificios de Art Nouveau e pola arquitectura que se conserva do século XIX.
Os monumentos máis importantes da capital letoa son:
- A Catedral.
- Igrexa de San Pedro.
- Casa das cabezas negras.
- Grande e Pequeno Gremio.
- Os tres irmáns.
- Museo da Ocupación.
- Castelo de Riga (residencia presidencial).
- Monumento á Liberdade.
A cidade foi Capital europea da cultura no ano 2001 xunto con Basilea (Suíza); tamén foi sede do Festival da Canción de Eurovisión 2003. No ano 2006 a capital de Letonia foi sede dos Campionatos Mundiais de Hóckey sobre xeo, o acontecemento deportivo máis importante na historia dos Estados Bálticos.
En novembro de 2006 acolleu o primeiro cumio da OTAN celebrado en territorio ex-soviético
Cidades irmás
editarPredecesor: Košice Marsella |
Capital Europea da cultura xunto con Umeå 2014 |
Sucesor: Mons Plzeň |
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Riga |
Ligazóns externas
editar- Páxina oficial da cidade (en varias linguas)
- Páxina do Museo da Ocupación de Letonia (1940-1991) (en varias linguas)