Reinhart Heinsdorff
Reinhart Heinsdorff, nado en Rimsting, Baviera, o 22 de setembro de 1923, e finado en Ottmaring, Friedberg, Baviera, o 26 de marzo de 2002, foi un artista gráfico, medallista e deseñador alemán, coñecido por ser o creador dos anversos nacionais das moedas de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro alemás.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de setembro de 1923 ![]() Rimsting, Alemaña (pt) ![]() ![]() |
Morte | 26 de marzo de 2002 ![]() Ottmaring, Alemaña (en) ![]() ![]() |
Educación | Q124428784 ![]() Academia de Belas Artes de Múnic - pintura (1947–1952) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | deseñador, muralista, deseñador gráfico, medallista, escultor, deseñador de selos, debuxante ![]() |
Profesores | Hermann Kaspar e Eduard Ege (pt) ![]() ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Reich alemán ![]() |
Conflito | segunda guerra mundial ![]() |
Traxectoria
editarEntre 1947 e 1952, Reinhart Heinstorff cursou estudos superiores artísticos na Academia de Belas Artes de Múnic, na especialidade de Pintura, con Hermann Kaspar. De 1953 a 1956 continuou estudos de Deseño Gráfico na Escola Superior de Impresión Gráfica con Eduard Ege.[1][2]
A partir de 1956 comezou a traballar como pintor e deseñador independente. De 1986 a 1991 foi profesor de deseño de moeda e medalla na Academia de Belas Artes de Múnic.[1][2]
En 1988, foi un dos fundadores do Círculo de Artistas da Medalla de Múnic, xunto coa conservadora xefa da Colección Estatal de Moedas de Múnic, Ingrid Szeiklies-Weber.[3]
Obra
editarEntre as súas creacións hai medallas, pinturas, esculturas, murais, cartelaría, gráfica comercial e deseño de obxectos.[4] Parte do seu patrimonio artístico consérvase no museo do castelo de Wittelsbach.[2][5]
Heinstorff creou tamén unha gran cantidade de selos postais para a República Federal Alemá,[6] durante a década de 1960, xunto co seu mestre Eduard Ege. A el débenselle tamén os deseños do selo utilizado polos Ferrocarrís Federais de Alemaña ata 1993.[7]
A partir de 1968 comezou co deseño de moedas circulantes e conmemorativas do sistema do marco alemán, con valores faciais de 2, de 5 e de 10 marcos. Heinstorff participou nun total de 56 concursos de deseño, a partir dos cales executou 15 moedas.[8] Entre elas, destaca a primeira moeda de dous marcos da serie de políticos alemáns, coa imaxe de Konrad Adenauer, que se cuñou entre 1969 e 1987.[9]
Coa entrada de alemaña na Eurozona e a conseguinte asunción do euro como moeda oficial do país, en 1998 Heinstorff gañou tamén o concurso para o deseño do anverso nacional das moedas de 10, de 20 e de 50 céntimos de euro, cuñadas a partir de 2002, caracterizado por unha representación da Porta de Brandeburgo.[8][9][10]
Escolma de traballos
editarMoedas do marco alemán
editar-
10 marcos (1996). Kolpingwerk.
Selos postais
editar-
5 marcos (1960). F. W. Raiffeisen.
-
Xogos Olímpicos (1960)
-
Mensaxeiro (1961)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Steguweit, W. (2014). Páxina 6.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Information about Reinhart Heinsdorff". OnlineCoin.Club
- ↑ "Der Künstlerkreis der Medailleure München". Staatliche Münzsammlung München.
- ↑ "Reinhart Heinsdorff, 1923-2002". Pmayermue.de
- ↑ Steguweit, W. (2014). Páxina 9 (nota 2).
- ↑ Selos postais deseñados por Heinsdorff. Colnect.com
- ↑ Steguweit, W. (2014). Páxinas 6-7.
- ↑ 8,0 8,1 Steguweit, W. (2014). Páxina 7.
- ↑ 9,0 9,1 Moedas deseñadas por Heinstorff. Numista.com
- ↑ "Germany. Euro and cent coins" Deutsche Bundesbank. Eurosystem.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Steguweit, W. (2014). "Reinhart Heinsdorff (22. September 1923 Rimsting/Chiemsee – 26. März 2002 Ottmaring/Friedberg)". En Numismatisches Nachrichtenblatt. Deutschen Numismatischen Gesellschaft. 1/2014. Páxinas 6-9.