Sociedade Numismática Alemá
A Sociedade Numismática Alemá (en alemán: Deutsche Numismatische Gesellschaft –DNG–) é unha sociedade erudita sen ánimo de lucro con sede en Frankfurt que agrupa máis de 80 asociacións numismáticas locais de toda Alemaña.[1]
Sociedade Numismática Alemá | |
---|---|
Acrónimo | DNG |
Tipo | organización paraugas e sociedade científica |
Campo de traballo | numismática |
Área de operación | Alemaña |
Data de fundación | 1951 |
Fundador(es) | Walter Hävernick |
País | Alemaña |
Na rede | |
http://www.dng-nnb.de | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA Sociedade Numismática Alemá fundouse por iniciativa de Walter Hävernick, co gallo da celebración do Día da Numismática Alemá en Gotinga en 1951, co nome de Federación de Asociacións de Moedas de Alemaña Occidental (Verband der westdeutschen Münzvereine). En 1961 pasou a denominarse Federación de Asociacións de Moedas de Alemaña (Verband der Deutschen Münzvereine).[2]
O seu primeiro presidente foi Karl Kennepohl (1951-1956), sucedido por Gerhard Goedecke (1956-1965). En 1990, durante a presidencia de Rainer Albert (1989-1995), a sociedade adoptou a súa denominación actual e dotouse duns novos estatutos.[3][4]
Desde 2016, a presidenta da DNG é Barbara Simon.[3]
O órgano de expresión da Sociedade Numismática Alemá, desde 1952, é a publicación periódica Numismatisches Nachrichtenblatt.[2][5]
Obxectivos e actividades
editarConsonte os estatutos da entidade, os seus obxectivos son os seguintes:[4]
- Promoción das relacións entre as asociacións que a constitúen.
- Cooperación coa Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña e con outras organizacións alemás e estranxeiras.
- Relacións co sector do comercio numismático.
- Representación dos intereses dos coleccionistas numismáticos.
- Organización de exposicións, conferencias e outros actos divulgativos.
- Asesoramento no deseño de moedas e medallas.
- Mantemento da biblioteca especializada e posta á disposición dos investigadores e estudosos.
- Formación de grupos de traballo de expertos en numismática.
Presidentes da sociedade
editarEstes son os numismáticos que presidiron a entidade ao longo das súas sete décadas de existencia:[3]
- (1951-1956): Karl Kennepohl.
- (1956-1965): Gerhard Goedecke.
- (1965-1975): Karl-Heinz Buhse.
- (1975-1977): Günther Schlüter.
- (1977-1989): Gerd Frese.
- (1989-1995): Rainer Albert.
- (1995-1998): Walter Trapp.
- (1998-2004): Albert Raff.
- (2004-2007): Gerd Dethlefs.
- (2007-2010): Helmut Schubert.
- (2010-2016): Kristian Nicol Worbs.
- (2016-____): Barbara Simon.
Premio Eligiuspreis
editar- Artigo principal: Eligiuspreis.
É un premio outorgado con periodicidade anual ás persoas, tanto alemás como estranxeiras que se distinguisen polo seu labor no terreo da numismática, con publicacións escritas en alemán.[6][7]
O premio consiste na entrega dunha medalla e leva aparellada a concesión dunha asignación económica. A primeira versión da Medalla Eligius estivo vixente entre 1982 e 1991 e foi deseñada polo escultor e medallista renano Hans Karl Burgeff.[8] A partir de 1992 a medalla substituíuse por outra de novo deseño, da autoría do arquitecto e medallista Peter Götz Güttler, de Dresden.[6]
Notas
editar- ↑ "Startseite". Sitio web da DNG.
- ↑ 2,0 2,1 "Geschichte". Sitio web da DNG.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Vorsitzende/Präsidenten der Deutschen Numismatischen Gesellschaft". Sitio web da DNG.
- ↑ 4,0 4,1 "DNG-Satzung". Sitio web da DNG.
- ↑ "NNB Numismatisches NachrichtenBlatt". Sitio web da DNG.
- ↑ 6,0 6,1 "Eligiuspreis der DNG". Sitio web da DNG.
- ↑ Numismatisches Nachrichtenblatt. Nº 12. Páxina 297. Deutsche Numismatische Gesellschaft .1977.
- ↑ "Eligiuspreis 1978-1995". Sitio web da DNG.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editar- Lista de asociacións numismáticas
- Comisión Numismática dos Estados da República Federal de Alemaña
- Numismatisches Nachrichtenblatt