Raymond Corbin
Raymond Corbin, nado o 23 de abril de 1907 en Rochefort, Charente Marítimo, e finado o 1 de marzo de 2002 en Boulogne-Billancourt, Altos do Sena, foi un medallista, deseñador de moedas, escultor e ilustrador francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1907 ![]() Rochefort, Francia ![]() |
Morte | 1 de marzo de 2002 ![]() Boulogne-Billancourt, Francia ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio de Bagneux ![]() |
Actividade | |
Ocupación | escultor, medallista, gravador ![]() |
Empregador | Escola Nacional Superior de Belas Artes ![]() |
Membro de | Academia de Belas Artes (1970–2002) ![]() |
Alumnos | Frédérique Maillart (pt) ![]() ![]() |
Premios | |
Traxectoria
editarCorbin tivo entre os seus profesores a Henri Dropsy durante os seus estudos na Escola Nacional Superior de Bellas Artes de París, entre 1931 e 1934. Posteriormente, el mesmo o sucedería como profesor titular de Gravado de Medalla, en 1955. Do mesmo xeito, Raymond Corbin foi elixido para ocupar o lugar de Dropsy na Academia de Belas Artes en 1970.[1]
Outro dos profesores sobranceiros de Corbin foi o escultor Vléric, na Escola Germain Pilon.[1]
Entre os seus traballos máis salientables de Corbin están as moedas dun dinar de Tunisia de 1968 e de 1970, a moeda francesa de 100 francos conmemorativa de Marie Curie, que lle foi encomendada en 1984, e a moeda dun franco de 1995 conmemorativa do Institut de France.[1]
Como deseñador de medallas, entre outras moitas, é o autor da que conmemora o 30 aniversario da Sociedade de Estudos Numismáticos e Arqueolóxicos, de París.[2]
En escultura destaca o seu Maquis, altorrelevo que adorna monumento na honra dos combatentes franceses, no Mont-Valérien, na vila de Suresnes.[3]
Estivo casado con Charlotte Suret-Canale (Charlotte Corbin), tamén deseñadora, finada o 14 de novembro de 2008.[4]
Recoñecementos
editar- Cabaleiro da Lexión de Honra.
- Oficial da Orde Nacional do Mérito.
- Cabaleiro das Palmas Académicas.
- Oficial das Artes e as Letras.
- (1936): Premio Blumenthal.
- (1969): Premio Germain Pilon, polo conxunto da súa obra.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Raymond Corbin". Académie des Beaux-Arts.
- ↑ Charlet, C. (2016). "Un demi-siécle de SENA, par Laurence Calmels". En CGB.fr. Informations numismatiques.
- ↑ "Les hauts reliefs du mémorial de la France combattante". Le Mont-Valérien.
- ↑ "L'aventure Familiale Arquivado 31 de outubro de 2020 en Wayback Machine.". Charlotte Corbin à Paris.