Moeda dun franco Institut de France
1 franco Institut de France [1][2][3] | |
---|---|
A/: Da cúpula do Instituto de Francia emanan as "luces do daber" entre catro estrelas (as catro academias). Valor facial (1 F). Marca de gravador (R·C·). Data no exergo.
Lendas: REPUBLIQUE FRAÇAISE / INSTITUT DE FRANCE |
R/: Fasces central, desatada e chameante; tres pólas de oliveira. Marcas do director da ceca: cornucopia e abella.
Lendas: INSTITUT NATIONAL DES CIENCES / 1795 / LIBERTÉ · ÉGALITÉ · FRATERNITÉ |
|
O franco Institut de France é unha moeda con valor facial dun franco francés emitida en 1995 en conmemoración do bicentenario da constitución do Instituto de Francia en París, en 1795.[1][2][3]
Caracterización
editarO deseño e o gravado da moeda débeselle ao escultor e medallista francés Raymond Corbin (1907-2002),[1][2][3] autor doutras moedas francesas como a de 100 francos conmemorativa de Marie Curie (1984).[4]
Da produción do franco conmemorativo do Institut de France encargouse a Monnaie de Paris.[1][2]
Existe unha variante da moeda, á parte do seu modelo estándar. Trátase dunha tiraxe reducida cun acabamento especial (proof ou essai), con fondo espello e relevo mate, na que se inscribiu a palabra ESSAI en letras pequenas no reverso, ao pé da póla de oliveira da parte esquerda.[5]
Tiraxes
editarAno de emisión | Tipo | Exemplares cuñados |
---|---|---|
1995 | Proof - Essai | 1.850 |
Estándar | 4.976.011 |
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "1 franc Institut de France Nickel". fr.numista.com
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 "1 Franc (200th Anniversary of Institute of France)". Colnect.com
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Lauber W. (2013). Páxina 115 (foto na páxina 113).
- ↑ "100 francs Marie Curie". fr.numista.com
- ↑ "1 Franc (200th Anniversary of Institute of France - Essai)". Colnect.com
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Demougin, J. (2003). Histoire du franc. Editions du Layeur. ISBN 978-2915118094
- Lauber W. (2013). "Les monnaies commémoratives de la Cinquième Republique. Partie 1: Les pièces de 1 franc". En Moneta. Société numismatique d'Ottawa. Vol. 4. Nº 3. Marzo. Páxinas 110-115, 122.