Ramón Rivero de Aguilar
Ramón Rivero de Aguilar Otero, nado en Santiago de Compostela e finado en Madrid o 9 de maio de 1957, foi un fiscal e político galego.
![]() (1931) ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Ramón Rivero de Aguilar Otero ![]() valor descoñecido ![]() Santiago de Compostela, España ![]() |
Morte | 9 de maio de 1957 ![]() Madrid, España ![]() |
Causa da morte | morte accidental, accidente de aviación ![]() |
Fiscal | |
![]() | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela ![]() |
Actividade | |
Ocupación | fiscal, político ![]() |
Familia | |
Pai | José Rivero de Aguilar ![]() |
Irmáns | José María Rivero de Aguilar ![]() |
![]() |
Traxectoria
editarFillo de José Rivero de Aguilar Gutiérrez de la Peña. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, rematando en 1923, e doutorouse ao ano seguinte. En 1925 era profesor auxiliar na Facultade de Dereito. En 1930 aprobou as oposicións á fiscalía e foi nomeado fiscal da Audiencia de Pontevedra pasando en 1933 a fiscal da Audiencia da Coruña. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presentouse voluntario e foi nomeado tenente auditor e exerceu como fiscal nos consellos de guerra, entre eles o de Alexandre Bóveda para quen solicitou a pena de morte.[1]
En agosto de 1939 foi nomeado Secretario Técnico do Servizo Nacional de Prisións e en setembro de 1940 Fiscal de Tasas na provincia de Segovia e despois nas de Palencia, Santander e Zaragoza, para converterse en xaneiro de 1945 en Fiscal Provincial de Tasas de Pontevedra. Permaneceu nese posto até que en 1950 foi trasladado a Madrid como fiscal da Audiencia e, dous anos despois a Pamplona. En 1954 foi nomeado fiscal do Tribunal Supremo. Finou en Madrid nun accidente de aviación en 1957.
Vida persoal
editarCasou con María de las Mercedes Díaz de Rábago Paseiro en 1931[2], e logo do falecemento desta, coa súa irmá María Teresa Díaz de Rábago Paseiro.
Notas
editar- ↑ César Lorenzo (1 de decembro de 2016). "O fiscal que acusou a Bóveda e tantas outras historias da familia Rivero de Aguilar". Biosbardia. Arquivado dende o orixinal o 21 de decembro de 2016. Consultado o 10 de decembro de 2016.
- ↑ El Compostelano, 7-1-1931, p. 2.