Fiscalía Provincial de Taxas
(Redirección desde «Fiscal Provincial de Tasas»)
A fiscalía Provincial de Taxas foi unha institución franquista creada para regular o mercado de produtos de primeira necesidade en 1940.
Historia e características
editarCreadas pola Lei de Taxas de 30 de novembro de 1940, formaban parte do entramado institucional organizado polo Estado franquista para a regulación do mercado de produtos de primeira necesidade durante a época do racionamento. Ocupábase de recibir as denuncias de infraccións da Lei de Taxas (venda de produtos a prezos superiores ao establecido, etc.) e de aplicar as sancións correspondentes. Os Fiscais Provinciais dependían do Fiscal Superior de Taxas e eran nomeados directamente pola Presidencia do Goberno a proposta do Fiscal Superior.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fiscalía Provincial de Tasas Arquivado 20 de decembro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)