Qassimiut
Qassimiut, (tamén escrito antigamente como Qagssimiut e Kagsimiut) é un asentamento do concello de Kujalleq, no sur de Groenlandia. Fundouse en 1835 como un punto de comercio. Cunha poboación de tan só 20 habitantes en 2020, é a vila máis pequena por número de habitantes permanentes de Groenlandia.[1]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Dinamarca | |||
País autónomo | Groenlandia | |||
Concello | Kujalleq | |||
Poboación | ||||
Poboación | 26 (2016) | |||
Demografía
editarA maioría das cidades e asentamentos do sur de Groenlandia presentan padróns de crecemento negativos nas últimas dúas décadas, con moitos asentamentos despoboándose moi axiña. Qassimiut foi perdendo poboación rapidamente nas últimas dúas décadas. A súa poboación diminuíu en máis de dous terzos en relación aos niveis de 1990.[2]
Gráfica de evolución demográfica de Qassimiut entre 1991 e 2020 |
Fonte:Statistics Greenland.[2] |
Transporte e comunicacións
editarO asentamento ten o seu propio heliporto, o heliporto de Qassimiut, xestionado por Mittarfeqarfiit. O resto do transporte é só en barco. O asentamento ten estradas de grava, pero non hai coches.
As comunicacións por Internet e por teléfono son proporcionadas por Greenland Home Rule.
Notas
editar- ↑ "Population by Localities". Statistical Greenland. Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2020. Consultado o 7 de abril de 2020.
- ↑ 2,0 2,1 Statistics Greenland Arquivado 2011-07-21 en Wayback Machine.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Qassimiut |