Kujalleq
Kujalleq (en groenlandés: Kommune Kujalleq) é un concello situado no extremo meridional de Groenlandia, operativo dende o 1 de xaneiro de 2009. O centro administrativo do municipio está en Qaqortoq. En 2022 tiña unha poboación de 6 292 habitantes.[1]
Kujalleq Kommunia (kl) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Dinamarca | ||||
País autónomo | Groenlandia | ||||
Capital | Qaqortoq | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 6.811 (2016) (0,21 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Lingua groenlandesa | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 32.000 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 1 de xaneiro de 2009 | ||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | Kiista P. Isaksen (en) (2017–2021) Stine Egede (en) (2021–) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 3920 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | GL-KU | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | kujalleq.gl | ||||
Creación
editarO concello está formado pola fusión de tres antigos municipios do sur de Groenlandia, cada un deles recibía o nome do seu maior asentamento:[2]
Ademais da área destes municipios, á nova entidade administrativa engadíronse partes deshabitadas dos antigos municipios de Paamiut e Ammassalik. No caso do municipio de Paamiut, era exclusivamente unha parte da capa de xeo incluíndo algúns nunataks, mentres que no caso do concello de Ammassalik, incluía a costa do fiorde Kangerlussuatsiaq (en dinamarqués Lindenow Fjord).
Xeografía
editarCon 32 000 km²,[3] é o concello máis pequeno de Groenlandia por superficie. Limita cun só municipio, Sermersooq, ao norte. As augas da costa occidental son as do mar do Labrador, que se atopa co aberto Atlántico norte en Nunap Isua, o cabo máis meridional.
Todo o termo municipal é moi montañoso, con numerosos fiordes que se adentran profundamente no interior. Todos os asentamentos están situados na costa occidental, ou en fiordes que rematan alí.
Vilas e asentamentos
editarÁrea de Nanortalik
editarÁrea de Narsaq
editarÁrea de Qaqortoq
editarNotas
editar- ↑ Statistical Greenland (ed.). "Population January 1st by municipality and time". Consultado o 12 de marzo de 2022.[Ligazón morta]
- ↑ Kujalleq Municipality (ed.). "Kommune Kujalleq". Arquivado dende o orixinal o 7 de xaneiro de 2013. Consultado o 11 de xullo de 2010.
- ↑ Statistics Greenland,Greenland in Figures 2010
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Kujalleq |