Praia de Canido
A praia de Canido ou areal do Canto da Area[1], é un pequeno areal vigués, no lugar do mesmo nome da parroquia de Oia, situado entre a praia do Vao e cabo Estai). É, xunto coa de Fuchiños, unha das dúas praias da parroquia. Esta praia ten 270 m de lonxitude e uns 40 m de largo. Vai exactamente dende o Eido de Mirambell (onde se atopa o sitio arqueolóxico e a ponte de Toralla) e o porto pesqueiro e deportivo de Canido (onde se atopa unha urbanización de casas acaroadas e o Club Marítimo de Canido).
Praia de Canido | |
---|---|
Vista do Porto de Canido, á esquerda da imaxe comeza a praia. | |
Características xerais | |
Localización | Oia (Vigo) |
Lonxitude | 270 m |
Largo medio | 40 m |
Grao de ocupación | Alto |
Grao de urbanización | Urbana |
Paseo marítimo | |
Características específicas | |
Tipo de area | Fina |
Condicións do baño | |
Seguridade | |
Equipo de vixilancia | Si |
Sinalización do perigo | Si |
Equipo de salvamento | Si |
Accesibilidade | |
Tipo de acceso | Estrada |
Sinalización do acceso |
Ten unha area branca fina e augas claras con pouca resaca. Goza de bandeira azul e ten unha boa vista[2] ás Illas Cíes.
Servizos
editarA mediados do século XX construíuse o paseo marítimo, que limitou a largura da praia, hoxe formado por medias lúas que entran no areal, con bancos e plátanos para dar sombra e dúas ramplas de pedra nos extremos e unhas escaleiras no centro para dar acceso á area. O areal conta ademais cun pequeno aparcadoiro, teléfonos, dúas duchas e unha fonte.
É de salientar que encol da praia atópanse diversos locais de restauración, como taperías, restaurantes de peixe e marisco e tabernas, populares entre os vigueses.
Lugares de interese
editarPreto da praia de Canido atópanse os seguintes lugares:
- A Vila romana de Toralla, sitio arqueolóxico museizado que se atopa ao comezo do lugar de Canido, na punta de Toralla (Eido de Mirambell).
- A illa de Toralla que comunica con Canido a través dunha ponte, onde se atopaba parte do castro de Toralla.
Acceso
editarPara chegar até Canido hai varias liñas de transporte urbano (Vitrasa: L10 e L11. Conta tamén con parada da liña ATSA, que comunica o centro de Vigo con Baiona, pasando por parroquias do municipio de Nigrán.
Notas
- ↑ Nome alternativo na Web do Concello de Vigo
- ↑ "Web cam en directo". Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 14 de xuño de 2016.