Plátano común
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2020.) |
Plátano común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Bóla coas sementes do plátano | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
Platanus × acerifolia (Aiton) Willd. | |||||||||||||||
Sinonimia[1] | |||||||||||||||
|
O plátano común (Platanus × acerifolia ou Platanus × hispanica) é unha árbore do xénero Platanus. É a variedade máis común de plátano na Europa Occidental, especialmente na Península Ibérica, onde tamén se lle coñece coma plátano de sombra. É moi común nos parques e xardíns urbanos de zonas temperadas. En Galicia abunda nos espazos públicos de moitas vilas e cidades, empregado para dar sombra, moitas veces substituíndo os carballos das vellas carballeiras dos campos de feira. Moitas das veces pódase deixando só o toro, outras déixase medrar acadando alturas considerábeis coma no parque de Castrelos en Vigo. Salienta o plátano do Pazo de Dompiñor, no Incio (Lugo), que figura no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/8/88/Batalha.Platanus_x_hispanicus01.jpg/220px-Batalha.Platanus_x_hispanicus01.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/2/21/Klagenfurt_W%C3%B6rthersee_Metnitzstrand_11102008_44.jpg/220px-Klagenfurt_W%C3%B6rthersee_Metnitzstrand_11102008_44.jpg)
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/e/e8/Platanus_x_hispanica_MHNT.BOT.2007.40.35.jpg/220px-Platanus_x_hispanica_MHNT.BOT.2007.40.35.jpg)
Tamén se coñece coma plátano híbrido, plátano europeo ou plátano de Londres (especialmente en inglés). A especie ten outras designacións científicas, o máis común é Platanus x hispanica; na literatura anglosaxoa, o nome científico máis común é Platanus × acerifolia, mais tamén son usados Platanus × hybrida, Platanus × acerifolia var. hispanica, Platanus orientalis var. acerifolia, Platanus × acerifolia f. pyramidalis e Platanus × acerifolia var. kelseyana.
Orixe
editarA orixe da especie é supostamente unha hibridación entre Platanus orientalis e Platanus occidentalis (ou americano). Suponse que a hibridación se produciu na Península Ibérica no século XVII, onde as dúas especies estiveron por vez primeira unha coa outra. Os nomes hispanica (Mill. e Münchh.) e hybrida (Brot.) reflicten esa suposición.
Con anterioridade á aparición do coche, esta árbore empregouse profusamente polos peóns camiñeiros para a súa plantación nos foxos das estradas, co fin de que desen sombra aos lentos carros de transporte de mercadorías, carruaxes e dilixencias (todos eles transportes con tiro de cabalaría), durante os duros veráns mediterráneos. Con posterioridade a estas plantacións, algúns exemplares xurdiron de xeito natural nos terreos próximos ás estradas antigas, en especial en zonas de arroios, onde aínda poden verse e se seguen a reproducir.
Descrición e uso
editarÉ unha árbore caducifolia hermafrodita de grande envergadura, cuxa altura pode acadar os 35 ou 40 metros, co tronco xeralmente dereito, alto, cun diámetro que pode chegar aos 3 metros. A casca é delgada, de cor pálida cinsenta esverdeada ou amarelada, despréndese en pequenas placas. A copa é ampla, arredondada, aínda que, coa poda, poida asumir diversas formas (atura moi ben a poda). Florea na primavera; os froitos son aquenios rodeados de pelos de cor pardenta, acastañada ou amarelada, cuxa maduración ocorre no final do verán. Os froitos permanecen na árbore até a primavera seguinte e serven de alimento a algunhas aves (pimpíns e Frinxílidos en xeral) ou esquíos.
É moi tolerante á polución atmosférica e á compactación das raíces, o que o fai moi popular para árbore de beirarrúas ou de beira das estradas. Resiste relativamente be no vento e é máis resistente ao frío invernal ca Platanus orientalis.
Malia a súa popularidade como árbore urbana, presenta algúns problemas. As follas novas e as sementes liberan pelos curtos que son irritantes cando se inhalan, provocando alerxias e problemas respiratorios a persoas con asma. Outro problema é a acumulación de follas no outono; por seren resistentes, poden demorar máis dun ano a descomporse se non se limpa o chan. As raíces poden causar problemas nas edificacións e nos lastrados das rúas e paseos.
A madeira, de cor clara, dura e resistente, é usada para quecemento e en ensambladura. É semellante á faia, mais é máis resistente á humidade e máis vulnerábel aos ataques dos insectos. O sámago (partes mais próximas da casca) en pouco se distingue da cerna (parte interna e xeralmente máis dura).
Notas
editar- ↑ Synonymy - Platanus ×acerifolia. Northern Ontario Plant Database. Accessed online: 9 January 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Plátano común |