Pegásidos
Pegásidos Pegasidae Peixes dragón | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Eurypegasus draconis | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Xéneros e Especies | |||||||||||||||||
|
A dos pegásidos (Pegasidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos gasterosteiformes.[1][2] [3]
Coñecidos na bibliografía internacional como peixes dragón ou dragóns de mar', o seu xénero tipo é Pegasus.
Taxonomía
editarDescrición
editarA familia foi descrita en 1831 polo naturalista, ornitólogo. ictiólogo e político francés Charles Lucien Bonaparte.[1][3]
Xéneros e especies
editarA familia comprende dous xéneros,[1][2][3] coas especies que se indican:[4][5][6][7]
- Eurypegasus Bleeker, 1863
- Eurypegasus draconis (Linnaeus, 1766)
- Eurypegasus papilio (Gilbert, 1905)
- Pegasus Linnaeus, 1758
- Pegasus lancifer (Kaup, 1861)
- Pegasus laternarius (Cuvier, 1816)
- Pegasus volitans (Linnaeus, 1758)
Características
editarDuns 13 cm de lonxitude máxima, teñen o corpo ancho e moi deprimido, contido dentro de placas óseas, coa boca pequena e desdentada, así como un característico rostro longo e plano sobresaíndo dos orificios nasais.[8]
As aletas dorsal e anal son curtas, sen espiñas e, polo xeral, con 5 raios suaves cada unha. As aletas pectorais son relativamente grandes e situadas horizontalmente, con máis de 10 raios.[8]
Carecen de vexiga natatoria.[8]
Aliméntanse de zoobentos diminutos coa axuda do seu fociño extremadamente protráctil. A desova ten lugar en augas abertas cerca da superficie.[8]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Pegasidae no WoRMS. Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Pegasidae no GBIF. Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Pegasidae na BioLib. Consultada o 7 de abril de 2022.
- ↑ Eurypegasus Bleeker, 1863 no WoRMS.
- ↑ Eurypegasus Bleeker, 1863 na BioLib.
- ↑ Pegasus Linnaeus, 1758 no WoRMS.
- ↑ Pegasus Linnaeus, 1758 na BioLib.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 Nelson, J. S. (2006).
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pegásidos |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Pegásidos |
Bibliografía
editar- Nelson, J. S. (2006): Fishes of the world. 4ª edición. New York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.