Eurypegasus
Eurypegasus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Eurypegasus draconis | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Eurypegasus é un xénero de peixes actinopterixios da orde dos gasterosteiformes, un dos cous comprendidos na familia dos pegásidos.[1][2][3]
![](http://up.wiki.x.io/wikipedia/commons/thumb/0/02/Eurypegasus_papilio.jpg/260px-Eurypegasus_papilio.jpg)
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi desrito en 1863 polo naturalista, anatomista comparativo e ictiólogo neerlandés, experto no estudo comparado dos peixes, Pieter Bleeker.[1][2][3]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamé polos sinónimos:[1]
- Europegasus (erro gramatical)
- Surypegasus (erro gramatical)
- Zalises Jordan & Snyder, 1901
Especies
editarNo cénero recoécense as seguientes dúas especies:[1][2][3]
- Eurypegasus draconis (Linnaeus, 1766)
- Eurypegasus papilio (Gilbert, 1905)
Distribución
editarAs días especiés distribúense pola rexión Indo-Pacífica, desde o mar Vermello até Suráfrica,[4] nas illas Marquesas e da Sociedade, e desde o norte do Xapón até o sur de Australia e en toda a Micronesia.[5]
Características
editarDe cores diversos, o corpo é xeralmente de marrón claro a escuro, coa zona dorsal e as laterais máis escuras que a ventral. As aletas pectorais son hialinas, coa marxe distal branca e manchada. A espiña da aleta pelviana e o seu 1º raio forman unha estrutura tentacular alongada. Teñen tres pares de placas corporais dorsolaterais; catro pares de placas ventrolaterais. Presentan un par de fosas profundas posteriores á órbita, a plataforma suborbital é cóncava, os ollos son visíbeis en vista ventral.[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Eurypegasus Bleeker, 1863 no WoRMS. Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Eurypegasus Bleeker, 1863 no GBIF. Consultado o 7 de abril de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Eurypegasus Bleeker, 1863 na BioLib. Consultada o 7 de abril de 2022.
- ↑ Smith, M. M. (1986): "Pegasidae", p. 443. En M. M. Smith & P. C. Heemstra, eds. Smiths' sea fishes. Berlín: Springer-Verlag. ISBN 978-3-6428-2858-4.
- ↑ 5,0 5,1 Eurypegasus draconis (Linnaeus, 1766) Arquivado 06 de decembro de 2020 en Wayback Machine. en FishBase.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Eurypegasus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Eurypegasus |
Bibliograrfía
editar- Palsson, W. A. & Pietsch, T. W. (1989): "Revision of the acanthopterygian fish family Pegasidae (order Gasterosteiformes). Indo-Pacific Fishes 18: 1038.
- Nelson, J. S. (2006): Fishes of the world. 4ª edición. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 978-0-4712-5031-9.
Outros artigos
editar Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |