Vanuatu
Vanuatu[1][2] (Inglés: i/ˌvɑːnuˈɑːtuː/ ou /vænˈwɑːtuː/; Bislama e pronuncia francesa [ vanuatu]), oficialmente a República de Vanuatu (francés: République de Vanuatu; Bislama: Ripablik blong Vanuatu), é un país insular situado no océano Pacífico Sur. O arquipélago, que é de orixe volcánica, está 1750 km. ao leste do norte de Australia, 540 km. ao nordés de Nova Caledonia, ao leste de Nova Guinea, ao sueste das Illas Salomón e ao oeste de Fidxi. O seu nome colonial era Novas Hébridas; este nome só é usado para referencias históricas.
Ripablik blong Vanuatu (bi) République du Vanuatu (fr) Republic of Vanuatu (en) Vanuatu (bi) | |||||
Himno | Yumi, Yumi | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Long God yumi stanap» «In God we stand» «С Бог удържаме» «Safwn Gyda Duw» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Port Vila | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 300.019 (2020) (24,61 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | Bislama lingua francesa lingua inglesa | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 12.190 km² | ||||
Punto máis alto | Monte Tabwemasana (pt) (1.879 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Pacífico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 30 de xullo de 1980 | ||||
Evento clave
| |||||
Organización política | |||||
• Presidente | Nikenike Vurobaravu (pt) (2022–) | ||||
• Primeiro ministro | Bob Loughman (pt) (2020–) | ||||
Órgano lexislativo | Parliament of Vanuatu (en) , (Escano: 52) | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 971.636.098 $ (2021) | ||||
Moeda | Vatu | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .vu | ||||
Prefixo telefónico | +678 | ||||
Teléfono de emerxencia | 112, 11 (en) e 113 | ||||
Código de país | VU | ||||
Sitio web | gov.vu | ||||
Vanuatu foi habitado por primeira vez por melanesios. Os primeiros europeos en visitar as illas foron unha expedición española dirixida polo navegante portugués Fernandes de Queirós, que chegou á illa máis grande, Espírito Santo, en 1606. Queirós reclamou o arquipélago para España, como parte da colonia das Indias Orientais Españolas, e chamouna La Austrialia del Espíritu Santo.
Na década de 1880, Francia e o Reino Unido reclamaron partes do arquipélago, e en 1906, acordaron un marco para xestionar conxuntamente o arquipélago como o Novas Hébridas a través dun condominio anglo-francés.
Na década de 1970 xurdiu un movemento de independencia e a República de Vanuatu fundouse en 1980. Desde a independencia, o país converteuse en membro das Nacións Unidas, da Commonwealth of Nations, da Organisation internationale de la Francophonie e o Foro das Illas do Pacífico.
Etimoloxía
editarO nome de Vanuatu deriva da palabra vanua ("terra" ou "fogar"),[3] que aparece en varias linguas austronesias,[a] combinado coa palabra tu, que significa "estar en pé" (de POc *tuqur).[4] Xuntos, as dúas palabras transmiten o status independente do país.[5]
Historia
editarMoitas das illas de Vanuatu foron habitadas hai miles de anos, as máis antigas probas indican que foi no ano 2000 a.C. En 1606, o explorador hispano-portugués Pedro Fernández de Quirós converteuse no primeiro europeo en chegar ás illas, quen crendo que chegara á Terra Australis bautizou o arquipélago co nome de Terra Australia do Espírito Santo. Os europeos comezarían a asentarse nas illas a finais do século XVIII, primeiro coas exploracións do Conde de Bougainville que redescubriu a illa co nome de Grandes Cícladas en 1768 e despois que o explorador británico James Cook visitou as illas na súa segunda viaxe en 1774 chamándoas como Novas Hébridas.
En 1887, as Novas Hébridas comezan a ser administradas por unha comisión naval franco-británica. En 1906, establécese un Condominio Franco-Británico.
Durante a segunda guerra mundial, os Estados Unidos utilizaron as illas Efaté e Espírito Santo como bases militares, o cal inxectou divisas ao país e sobre todo novas formas de pensar, feito que abriu a Vanuatu o camiño á súa independencia. En 1957 estableceuse un Consello Asesor. Na década de 1960, os aborixes nin-Vanuatu reclamaban o autogoberno e a posterior independencia; en 1974 os nacionalistas gañaron a elección do Parlamento que abolía ao Consello Asesor e en 1978 creouse un gabinete encargado por un Ministro Xefe.
En 1979 promulgouse a Constitución que estableceu parlamentos rexionais nas illas de Espírito Santo e Tanna. Ao ano seguinte, Jimmy Stevens, líder da agrupación Na-Griamel, organizou unha revolta en Espírito Santo e proclamou o Estado Independente de Vemarana. Logo Vanuatu obtivo a independencia plena o 30 de xullo de 1980 con Walter Lini como Primeiro Ministro; a pedido deste, tropas de Papúa-Nova Guinea, Australia e Nova Zelandia restauran a orde en Espírito Santo. En 1981 ingresa na ONU e en 1983 ao Movemento de Países Non Aliñados.
En febreiro de 1984, o presidente George Sokomanu renunciou logo de declararse culpable de atrasar o pago dos impostos, pero resultou reelixido ao mes seguinte. En 1985 a Unión de Partidos Moderados acusou ao goberno de restrinxir os dereitos humanos e os dereitos de organización. En febreiro de 1987 un ciclón destruíu Port Vila, a capital, e causou aproximadamente 50 mortos. En decembro de 1988, no medio dunha crise política provocada por rivalidades entre o primeiro ministro Lini e Barak Sope, secretario xeral do Vanuakku Pati, o presidente Sokomanu disolveu o Parlamento e nomeou a Sope como primeiro ministro interino, pero ambos foron arrestados polas forzas leais a Lini; ao ano seguinte foi elixido como presidente Fred Timakata.
En 1991, unha moción parlamentaria desposuíu a Lini do seu cargo e Donald Kalpokas do Vanuakku Pati, foi elixido primeiro ministro o 6 de setembro, porén, foi substituído por Maxime Carlot Korman o 16 de decembro. En 1996, o grupo paramilitar Vanuatu Mobile Force intentou depor o goberno e nese mesmo ano, o gabinete de Carlot cometeu unha fraude bancaria. En novembro de 1997, o presidente Jean Marie Leye disolveu o Parlamento. Nos últimos anos o país estivo baixo escándalos de corrupción que frearon á economía.
Goberno e política
editarO Parlamento de Vanuatu é unicameral e ten 52 membros que son elixidos cada catro anos por voto popular. O líder do principal partido no parlamento é usualmente elixido Primeiro Ministro, e encabeza o goberno. Desde 2023 ocupa o cargo Charlot Salwai.[6] O xefe de Estado, o Presidente, é elixido cada cinco anos polo parlamento e os presidentes dos seis gobernos provinciais. Forman unha coalición, con todo, houbo problemas algunhas veces, especialmente coa competición entre Reino Unido e Francia en tratar de simpatizar aos seus líderes cos seus intereses.
Organización político-administrativa
editarDesde 1968 ata 1985, Vanuatu estivo dividido en catro áreas:
Desde 1985 ata 1994, estivo dividido en once áreas:
- Ambae e Maewo (capital Longana)
- Ambrym (capital Eas)
- Banks e Torres (capital Soa)
- Efaté (capital Port Vila)
- Epi (capital Ringdove)
- Malakula (capital Lakatoro)
- Paama (capital Liro)
- Pentecoste (capital Loltong)
- Illa Espírito Santo e Malo (capital Luganville)
- Illas Shepherd (capital Morua)
- Tafea (capital Isangel)
Desde 1994 Vanuatu ten seis provincias:
Provincia | Capital | Illas principais | Area (km²) |
Poboación Censo 1999 |
---|---|---|---|---|
Malampa | Lakatoro | Ambrym, Malakula, Paama | 2,779 | 32,705 |
Penama | Longana | Illa Pentecoste, Ambae, Maewo | 1,198 | 26,646 |
Sanma | Luganville | Santo, Malo | 4,248 | 36,084 |
Shefa | Port Vila | Efaté, Illas Shepherd | 1,455 | 54,439 |
Tafea | Isangel | Tanna, Aniwa, Futuna, Erromango, Anatom | 1,628 | 29,047 |
Torba | Sola | Banks e Illas Torres | 882 | 7,757 |
Vanuatu | Port Vila | 12,189 | 186,678 |
Xeografía
editarVanuatu consiste de 83 illas, das cales dúas -Matthew e Hunter- son tamén reclamados polo departamento francés de ultramar de Nova Caledonia. Moitas das illas son montañosas e de orixe volcánica, e teñen un clima tropical ou subtropical. A maior cidade do país é a capital, Port Vila, situado na illa de Efaté, e Luganville, en Espírito Santo. A máxima elevación do país é o Tabwemasana a 1.877 m de altura.
Vanuatu é famosa por unha ecorrexión terrestre, chamado as selvas de Vanuatu. É parte da ecozona de Australasia, que tamén inclúe as veciñas Nova Caledonia e as Illas Salomón, así tamén Australia, Papúa-Nova Guinea e Nova Zelandia.
Economía
editarA economía está baseada principalmente na agricultura de subsistencia ou a pequena escala, que prové ao 65% da poboación. A pesca, servizos financeiros de banca estranxeira, o rexistro de naves de mariña mercante, a venda de licenzas internacionais de pesca (Vanuatu é membro de varios comités rexionais de pesca) e o turismo (con 50.000 visitantes en 1997), as licenzas bancarias off-shore e a formación de compañías internacionais son outras fontes de economía. En Porto Vila atópase o Banco da Reserva e o Rexistro da Propiedade. Non hai depósitos de mineralé e o país non posúe depósitos de petróleo. Un pequeno sector industrial abastece ao mercado local. Os impostos veñen principalmente das importacións de produtos e do IVE (VAT), posto que Vanuatu non posúe imposto á renda nin ás persoas, sendo considerado un de tantos paraísos fiscais.
O desenvolvemento económico depende relativamente das exportacións, a vulnerabilidade aos desastres naturais e as longas distancias entre os principais mercados e as illas. Un gran terremoto en novembro de 1999, seguido por un tsunami, causou moitos danos na illa norteña de Pentecoste, deixando a miles de persoas sen fogar. Outro poderoso terremoto en xaneiro de 2002 causou danos á capital Port Vila, e áreas adxacentes, seguido por un tsunami.
O produto interior bruto creceu a menos do 3 % nos anos 1990. En vista disto o goberno prometeu suavizar as regulacións no seu centro financeiro de banca estranxeira. Australia e Nova Zelandia son os principais suplidores da axuda externa de Vanuatu.
A unidade monetaria de Vanuatu é o Vatu. No ano 2000 137,64 vatus equivalían a 1 dólar estadounidense. No ano 2007 (marzo) 107 vatus equivalían a 1 dólar estadounidense.
Demografía
editarA maioría dos habitantes de Vanuatu (95%) son nativos melanesios, ou nin-Vanuatu, o resto da poboación é de orixe europea, asiático e doutras illas do Pacífico. Existen tres idiomas oficiais: inglés, francés e bislama (un idioma crioulo que evolucionou do inglés). Ademais, ao redor de cen linguas locais son faladas nas illas.
O Cristianismo, dividido en varias denominacións, é a relixión predominante en Vanuatu. A Igrexa Presbiteriana,que abarca unha terceira parte da poboación, é o maior delas.
Notas
editar- ↑ Vanua procede á súa vez da proto-austronesio *banua – ver Reuter 2002, p. 29; e Reuter 2006, p. 326
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para vanuatiano.
- ↑ Anaír Rodríguez Rodríguez, Montserrat Davila Ventura. Lingua galega: dúbidas lingüísticas (PDF). Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo. p. 115. ISBN 84-8158-266-2.
- ↑ Hess 2009, p. 115.
- ↑ Ver Entrada *tuqu Arquivado 24 de outubro de 2020 en Wayback Machine. no polinesio Proxecto Léxico.
- ↑ Crowley 2004, p. 3.
- ↑ "Charlot Salwai elected prime minister of Vanuatu" (en inglés). 6 de outubro de 2023. Consultado o 6 de outubro.
Véxase tamén
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Vanuatu |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- AtopandoVanuatu Arquivado 24 de maio de 2007 en Wayback Machine. (en inglés)
- Mapa de Vanuatu Arquivado 05 de marzo de 2005 en Wayback Machine. (en inglés)