Nikolaus von Amsdorf
Nikolaus von Amsdorf, nado en Torgau en 1483 e finado en Eisenach en 1565, foi un reformador protestante alemán.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (de) Nicolaus von Amsdorf ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 3 de decembro de 1483 ![]() Torgau, Alemaña ![]() |
Morte | 14 de maio de 1565 ![]() Eisenach, Alemaña ![]() |
Bispo luterano (pt) ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Luteranismo ![]() |
Educación | University of Wittenberg (en) ![]() Universidade de Leipzig (1500–1502) Thomasschule zu Leipzig (pt) ![]() ![]() |
Actividade | |
Lugar de traballo | Magdeburgo ![]() |
Ocupación | pastor luterano, teólogo, profesor universitario ![]() |
Empregador | Universidade de Halle-Wittenberg University of Wittenberg (en) ![]() ![]() |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron ![]() |
Educado en Leipzig e en Wittenberg, en 1502 foi dos primeiros en se matricular na recentemente aberta universidade da cidade, e en 1511 convértese en profesor de teoloxía.
Como Andreas Karlstadt ao comezo foi un defensor da teoloxía escolástica, pero baixo a influencia de Lutero deixa as súas posicións aristotélicas para se achegar a unha teoloxía fundamentada na graza de Santo Agostiño, e converteuse nun dos máis fieis seguidores de Lutero, acompañándoo á conferencia de Leipzig (1519) e á dieta de Worms (1521)