Municipio de Iecava
O municipio de Iecava (en letón, Iecavas novads) foi un municipio de Letonia, pertencente á rexión histórica de Zemgale, situado no centro no país, a un 45 quilómetros ao sur de Riga.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | Letonia ![]() | ||||
Capital | Iecava ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 8.411 (2021) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 312,09 km² ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Municipio de Olaine Município de Bauska (pt) ![]() Município de Vecumnieki (pt) ![]() Baldone (pt) ![]() Município de Ozolnieki (pt) ![]() ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Creación | 16 de decembro de 2003 ![]() | ||||
Disolución | 30 de xuño de 2021 ![]() | ||||
Sucedido por | Municipio de Bauska ![]() | ||||
ISO 3166-2 | LV-034 ![]() | ||||
Latvian toponymic names database ID (en) ![]() | 79399 ![]() | ||||
Sitio web | iecava.lv ![]() |
No 1 de xullo de 2021, baixo lexislatura de reordenación territorial aprobada pola Saeima foi fusionado dentro do Municipio de Bauska, pasando a obter o rango de parroquia de Iecava, co mesmo territorio pero agora dentro de Bauska. [1]
A súa capital é a cidade de Iecava. As súas vilas máis destacadas son : Audrupi, Dimzukalns, Dzelzāmurs, Dzimtmisa, Iecava, Rosme, Vanči, Zālīte, Ziemeļi e Zorģi.
Poboación e territorio
editarA superficie da parroquia de Iecava é de 312,1 km² e antes da reordenación, como municipio propio, en 2009, tiña unha poboación de 9845 habitantes . [2]
No territorio da actual parroquia de Iecava, pódese atopar o Pazo Brant ou Zālīte, o pazo Dzimtmisa (en alemán:Gut Mißhof), o Pazo Granteles, o Pazo Grünwalde, o pazo Lielpidriķu, o pazo Lieliecava e o pazo Podu.
Notas
editar- ↑ "División territorial administrativa". 2021. Consultado o 20 de decembro de 2023.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2012. Consultado o 06 de abril de 2012.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Municipio de Iecava |