Monica Seles
Monica Seles (en húngaro: Szeles Mónika, |ˈsɛlɛʃ ˈmoːnikɒ|; en serbio: Моника Селеш, Monika Seleš), nada en Novi Sad o 2 de decembro de 1973 é unha ex xogadora de tenis, que representou a Iugoslavia e aos Estados Unidos de América. Etnicamente húngara, nacionalizouse estadounidense en 1994 e tamén recibiu a cidadanía húngara en xuño de 2007.[1][2] Foi número un da WTA e gañou oito títulos individuais de Grand Slam, oitos deles como adolescente representando a Iugoslavia, e o último representando aos Estados Unidos.
En 1990, Seles converteuse na campioa máis nova de Roland Garros con dezaseis anos. Gañou oito títulos individuais de Grand Slam antes de cumprir vinte anos e foi número un do mundo en 1991 e 1992. Non obstante, o 30 de abril de 1993 foi vítima dun ataque na pista, cando un home a apuñalou nas costas cun coitelo de 23 cm de longo. Seles non volveu ao tenis ata dous anos despois.[3] Aínda que gozou de certo éxito na volta en 1995, incluíndo un cuarto título de Australia en 1996, non puido recuperar a súa mellor forma. Xogou o seu último partido como profesional en Roland Garros en 2003, aínda que non se retirou ata febreiro de 2008.
Considerada como unha das mellores tenistas da historia, Seles foi nomeada unha das "30 lendas do tenis feminino: Pasado, presente e futuro" pola revista Time.[4] Algúns xogadores e historiadores afirman que Seles tiña o potencial para converterse na máis completa xogadora de todos os tempos se non fose apuñalada.[5][6][7] Foi incluída no International Tennis Hall of Fame en 2009.
Vida privada
editarO 21 de abril de 2009, Seles publicou as súas memorias tituladas Getting A Grip: On My Body, My Mind, My Self que relata a súa loita coa depresión e o trastorno de alimentación compulsiva (BED) despois do ataque sufrido, o cancro do seu pai e a súa morte, a súa volta ao tenis e a vida posterior ao deporte.[8] En 2015, Seles converteuse en voceira de Shire Pharmaceuticals, creadores do primeiro medicamento aprobado pola Food and Drug Administration para tratar o BED, para aumentar o coñecemento da desorde que ela mesma sufriu dende que era adolescente. Seles inxería cantidades normais durante as comidas e logo devoraba en segredo grandes cantidades de "comida lixo" cando estaba soa.[9]
Seles está casada co empresario Tom Golisano,[10] 32 anos máis vello ca ela. Comezaron a saír en 2009[11][12] e anunciaron o seu compromiso o 5 de xuño de 2014.[13]
Estatísticas
editarFinais de Grand Slam
editarResultado | Ano | Torneo | Superficie | Opoñente | Resultado |
---|---|---|---|---|---|
Gañou | 1990 | Torneo de Roland Garros | Terra | Steffi Graf | 7–6(8–6), 6–4 |
Gañou | 1991 | Aberto de Australia | Pista dura | Jana Novotná | 5–7, 6–3, 6–1 |
Gañou | 1991 | Torneo de Roland Garros (2) | Terra | Arantxa Sánchez Vicario | 6–3, 6–4 |
Gañou | 1991 | Aberto dos Estados Unidos | Pista dura | Martina Navratilova | 7–6(7–1), 6–1 |
Gañou | 1992 | Aberto de Australia (2) | Pista dura | Mary Joe Fernández | 6–2, 6–3 |
Gañou | 1992 | Torneo de Roland Garros (3) | Terra | Steffi Graf | 6–2, 3–6, 10–8 |
Perdeu | 1992 | Campionato de Wimbledon | Herba | Steffi Graf | 2–6, 1–6 |
Gañou | 1992 | Aberto dos Estados Unidos (2) | Pista dura | Arantxa Sánchez Vicario | 6–3, 6–3 |
Gañou | 1993 | Aberto de Australia (3) | Pista dura | Steffi Graf | 4–6, 6–3, 6–2 |
Perdeu | 1995 | Aberto dos Estados Unidos | Pista dura | Steffi Graf | 6–7(6–8), 6–0, 3–6 |
Gañou | 1996 | Aberto de Australia (4) | Pista dura | Anke Huber | 6–4, 6–1 |
Perdeu | 1996 | Aberto dos Estados Unidos | Pista dura | Steffi Graf | 5–7, 4–6 |
Perdeu | 1998 | Torneo de Roland Garros | Terra | Arantxa Sánchez Vicario | 6–7(5–7), 6–0, 2–6 |
Resultados nos Grand Slam
editarIugoslavia | Estados Unidos de América | |||||||||||||||||
Torneo | 1988 | 1989 | 1990 | 1991 | 1992 | 1993 | 1994 | 1995 | 1996 | 1997 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | W–L | SR |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Grand Slam tournaments | ||||||||||||||||||
Aberto de Australia | A | A | A | W | W | W | A | A | W | A | A | SF | A | QF | SF | 2R | 4 / 8 | 43–4 |
Torneo de Roland Garros | A | SF | W | W | W | A | A | A | QF | SF | F | SF | QF | A | QF | 1R | 3 / 11 | 54–8 |
Campionato de Wimbledon | A | 4R | QF | A | F | A | A | A | 2R | 3R | QF | 3R | QF | A | QF | A | 0 / 9 | 30–9 |
Aberto dos Estados Unidos | A | 4R | 3R | W | W | A | A | F | F | QF | QF | QF | QF | 4R | QF | A | 2 / 12 | 54–10 |
Gañados–Perdidos | 0–0 | 11–3 | 13–2 | 21–0 | 27–1 | 7–0 | 0–0 | 6–1 | 17–3 | 11–3 | 14–3 | 16–4 | 12–3 | 7–2 | 17–4 | 1–2 | 9 / 40 | 181–31 |
Notas
editar- ↑ "Grossly Abbreviated". Canadian Online Explorer. 1 de xullo de 2007. Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2012. Consultado o 15 de xuño de 2008.
- ↑ "Titokban lett magyar állampolgár Szeles Mónika (Szeles Mónika has become a Hungarian citizen in secret)". Heti Világgazdaság (en húngaro). 7 de xuño de 2007. Consultado o 9 de maio de 2008.
- ↑ "1993: Tennis star stabbed". On This Day 30 April 1993 (BBC). 30 de abril de 1993. Consultado o 17 de xullo de 2011.
- ↑ Adams, William Lee (22 de xuño de 2011). "30 Legends of Women's Tennis: Past, Present and Future – Monica Seles". TIME. Arquivado dende o orixinal o 07 de agosto de 2011. Consultado o 19 de agosto de 2011.
- ↑ Adams, Tim (4 de xullo de 2009). "Interview: Monica Seles". theguardian.com. Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ Cronin, Matt (1 de maio de 2013). "Navratilova: Seles would have won most Slams". tennis.com. Consultado o 6 de xuño de 2017.
- ↑ Scott, Jonathan (30 de abril de 2012). "20 Years Later: Remembering Monica Seles' Stabbing". Tennis.com. Consultado o 27 de maio de 2017.
- ↑ "Monica Seles On 'Getting A Grip' After Tragedy". NPR.org (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2017.
- ↑ Casey, Tim (11 de marzo de 2015). "Monica Seles sheds light on binge eating disorder". USA Today (en inglés). Consultado o 30 de xaneiro de 2017.
- ↑ "Former Sabres owner Thomas Golisano sues over yacht renovations". ESPN.com (Rochester, Nova York). Associated Press. 17 de novembro de 2017. Consultado o 21 de xaneiro de 2018.
- ↑ Wilson, Greg. "Monica Seles Courting Billionaire, 67". NBC New York. Consultado o 20 de decembro de 2011.
- ↑ Abelson, Max (20 de decembro de 2011). "Bankers Seek to Debunk ‘Imbecile’ Attack on Top 1%". Business Week (Bloomberg) – vía europac.com.
- ↑ Benny, Michael (6 de xuño de 2014). "Upstate Billionaire Tom Golisano reveals engagement to tennis star Monica Seles". CNYCentral.com. WSTM. Consultado o 30 de xaneiro de 2017-01-30.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monica Seles |