Mary Joe Fernández
María José Fernández Godsick, chamada Mary Joe, nada en Santo Domingo o 19 de agosto de 1971, é unha tenista profesional retirada estadounidense de ascendencia cubana e española. Foi finalista en tres torneos individuais do Grand Slam, e gañou dous torneos de dobres do Grand Slam e dúas medallas de ouro olímpicas.
![]() (2010) ![]() | |||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 19 de agosto de 1971 ![]() República Dominicana ![]() | ||||||||||||||||
Altura | 176 cm ![]() | ||||||||||||||||
Peso | 63 kg ![]() | ||||||||||||||||
Lateralidade | destro ![]() | ||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||
Ocupación | tenista (1986–2000), comentarista deportiva ![]() | ||||||||||||||||
Período de actividade | 1986 ![]() ![]() | ||||||||||||||||
Patrimonio estimado | 5.258.471 $ ![]() | ||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América ![]() | ||||||||||||||||
Deporte | tenis ![]() | ||||||||||||||||
Disciplina deportiva | tenis individual tenis dobres ![]() | ||||||||||||||||
Man de xogo | destro e revés a dúas mans ![]() | ||||||||||||||||
Adestrado por | Harold Solomon ![]() | ||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||
1996 | tennis at the 1996 Summer Olympics – women's doubles (en) ![]() | ||||||||||||||||
1992 | tennis at the 1992 Summer Olympics – women's doubles (en) ![]() | ||||||||||||||||
1992 | tennis at the 1992 Summer Olympics – women's singles (en) ![]() ![]() |
||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||
Parella | David Wheaton ![]() | ||||||||||||||||
Fillos | Nicholas Godsick ![]() | ||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Descrito pola fonte | Latinas in the United States: A Historical Encyclopedia ![]() |
Traxectoria
editarFernández naceu na República Dominicana, onde emigraran os seus pais. O seu pai José é de Asturias e a súa nai Silvia Pino é de Cuba.[1] Completou a educación secundaria na Carrollton School of the Sacred Heart de Miami.[2]
Mary Joe Fernández chamou por primeira vez a atención no mundo do tenis pola súa sensacional carreira como xogadora júnior, logrando gañar catro veces consecutivas o título júnior Orange Bowl. En 1985, á idade de 14 anos e 8 días, Fernández converteuse na xogadora máis nova que gañou un partido no cadro principal do US Open, ao derrotar a Sara Gomer na primeira rolda 6-1, 6-4.
Fernández fixo a súa entrada no circuíto profesional en 1986. Gañou o seu primeiro título de dobres en 1989 en Dallas, facendo parella con Betsy Nagelsen. O seu primeiro título profesional individual no circuíto conseguiuno en 1990 no torneo de Toquio Indoor.
En 1990 chegou á súa primeira final individual do Grand Slam no Aberto de Australia, en que foi derrotada cun marcador de 6-3, 6-4 pola tenista alemá Steffi Graf. Terminou 1990 na 4.ª praza da clasificación mundial, a súa posición máis alta ao longo da súa carreira.
En 1991, formando parella con Patty Fendick, conseguiu o título de dobres femininos no Aberto de Australia.
Volveu alcanzar a final do Aberto de Australia en 1992. Nesa ocasión perdeu ante Monica Seles por 6-2, 6-3.
Fernández foi elixida para representar aos Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 1992 en Barcelona. Gañou a medalla de ouro en dobres femininos, formando parella con Gigi Fernández, e a medalla de bronce individual.
Nos cuartos de final de Roland Garros de 1993, Fernández protagonizou unha dramática remontada ante Sabatini, despois de que Sabatini dominase por un marcador de 6-1, 5-1. Fernández salvou cinco pelotas de partido no encontro, que durou 3 horas e 36 minutos e que Fernández finalmente gañou 1-6, 7-6(7-4), 10-8. Posteriormente derrotou a Arantxa Sánchez Vicario 6-2, 6-2 en semifinais para alcanzar a súa terceira e última final individual do Grand Slam. Nun apertado partido contra Steffi Graff, Mary Joe finalmente foi derrotada por 4-6, 6-2, 6-4.
Fernández gañou o seu segundo título do Grand Slam en dobres en 1996 en Roland Garros, facendo parella con Lindsay Davenport. A parella tamén se fixo co título de dobres no Masters Feminino da WTA ese mesmo ano.
Fernández substituíu a última hora a Chanda Rubin no equipo estadounidense dos Xogos Olímpicos de 1996 en Atlanta. Gañou a súa segunda medalla de ouro consecutiva en dobres femininos, novamente facendo parella con Gigi Fernández. Tamén participou na competición individual grazas a unha ausencia e alcanzou as semifinais, onde foi derrotada no partido pola medalla de bronce pola tenista checa Jana Novotná. Posteriormente ese mesmo ano, Fernández formou parte do equipo estadounidense que gañou a Copa Federación.
Mary Joe Fernández gañou o seu último título individual en 1997 en Berlín. O seu último título de dobres tamén o conseguiu ese mesmo ano en Madrid. Retirouse da competición no ano 2000.
Tras retirarse do circuíto profesional, Fernández traballou como comentarista de tenis para ESPN e colaborou con CBS Sports como analista no US Open de 2005.
Grand Slam
editarIndividual (3 finais)
editarResultado | Ano | Campionato | Superficie | Adversaria | Marcador |
---|---|---|---|---|---|
Finalista | 1990 | Aberto de Australia | Dura | Steffi Graf | 3–6, 4–6 |
Finalista | 1992 | Aberto de Australia | Dura | Monica Seles | 2–6, 3–6 |
Finalista | 1993 | Roland Garros | Terra | Steffi Graf | 6–4, 2–6, 4–6 |
Dobres (2 títulos, 4 finais)
editarResultado | Ano | Campionato | Superficie | Parella | Adversarias | Marcador |
---|---|---|---|---|---|---|
Finalista | 1989 | US Open | Dura | Pam Shriver | Hana Mandlíková Martina Navratilova |
7–5, 4–6, 4–6 |
Finalista | 1990 | Aberto de Australia | Dura | Patty Fendick | Jana Novotná Helena Suková |
6–7(5–7), 6–7(6–8) |
Campioa | 1991 | Aberto de Australia | Dura | Patty Fendick | Gigi Fernández Jana Novotná |
7–6(7–4), 6–1 |
Finalista | 1992 | Aberto de Australia | Dura | Zina Garrison | Arantxa Sánchez Vicario Helena Suková |
4–6, 6–7(4–7) |
Finalista | 1996 | Aberto de Australia | Dura | Lindsay Davenport | Chanda Rubin Arantxa Sánchez Vicario |
5–7, 6–2, 4–6 |
Campioa | 1996 | Roland Garros | Terra | Lindsay Davenport | Gigi Fernández Natasha Zvereva |
6–2, 6–1 |
Finalista | 1997 | Roland Garros | Terra | Lisa Raymond | Gigi Fernández Natasha Zvereva |
2–6, 3–6 |
Xogos Olímpicos
editarIndividual (1 broce)
editarResultado | Ano | Lugar | Superficie | Adversaria | Marcador |
---|---|---|---|---|---|
Bronce | 1992 | Barcelona | Terra | - | non houbo |
Mary Joe Fernández perdeu nas semifinais contra Steffi Graf 6–4, 6–2. En 1992, non se disputou un partido para o 3.° posto.
Dobres (2 ouros)
editarResultado | Ano | Lugar | Superficie | Parella | Adversarias | Marcador |
---|---|---|---|---|---|---|
Ouro | 1992 | Barcelona | Terra | Gigi Fernández | Conchita Martínez España Arantxa Sánchez Vicario |
7–5, 2–6, 6–2 |
Ouro | 1996 | Atlanta | Dura | Gigi Fernández | Jana Novotná Helena Suková |
7–6(9–7), 6–4 |
Notas
editar- ↑ McDermott, Barry (6 de xaneiro de 1986). "Young Mary Joe Is On The Go". CNN (online). Sports Illustrated. SI Vault. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2011. Consultado o 27 de abril de 2017.
- ↑ Murphy, Austin (11 de febreiro de 1991). "The Graduate". Sports Illustrated. p. 76.