Modesto Moyrón Carreras
Modesto Moyrón Carreras, nado en Zamora en 1849 e finado en Madrid o 30 de decembro de 1924, foi un escritor, xornalista e político republicano español.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1849 ![]() Zamora, España ![]() |
Morte | 30 de decembro de 1924 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | xornalista ![]() |
Familia | |
Fillos | Modesto Moyrón Arias ![]() |
Traxectoria
editarInstalouse no Barco de Valdeorras cara a 1882, onde casou coa filla de Casimiro Arias Rodríguez. Republicano federal, uniuse a José Núñez Núñez e Telesforo Ojea Somoza para constituír o grupo republicano de Valdeorras. Fundou no Barco os periódicos El Porvenir de Valdeorras, La Voz de Valdeorras e Heraldo de Valdeorras. Oficial da Deputación de Madrid, tamén dirixiu El Nuevo Combate (1893), foi un dos fundadores do Diario Universal, do que foi redactor, así como tamén foi redactor de El País e director de La Idea (1908). Autor de varios libros, algúns foron queimados publicamente nunha rúa do Barco durante unha Santa Misión. En 1898 presentouse como candidato republicano ás eleccións provinciais en Madrid, sendo derrotado. Volveu presentarse ás eleccións municipais de Madrid en 1901. En 1905 presentouse como candidato republicano ás eleccións a deputados polo distrito de Valdeorras. Finou en Madrid o 30 de decembro de 1924.[1]
Obras
editar- Algo huele a podrido ¿en Dinamarca? no, en la Diputación Provincial de Madrid: Folleto de actualidad, 1899.
Vida persoal
editarFoi pai de Modesto Moyrón Arias.
Notas
editar- ↑ La Libertad, 31-12-1924, p. 5.
- ↑ Expediente personal de Modesto Moyrón Carrera
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Fernández Fernández, Ángel (2012). "José Núñez Núñez. Don Pepito de Viloira, médico e valdeorrés ilustre". Valnatura (18): 34–36. Consultado o 5 de marzo de 2014.