Modesto Moyrón Arias
Modesto Moyrón Arias, nado no Barco de Valdeorras cara a 1890 e finado en Guadalaxara (México) o 21 de marzo de 1975, foi un funcionario e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1890 ![]() O Barco de Valdeorras, España ![]() |
Morte | 21 de marzo de 1975 ![]() Guadalaxara, México ![]() |
Actividade | |
Ocupación | funcionario, xornalista ![]() |
Familia | |
Pai | Modesto Moyrón Carreras ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Modesto Moyrón Carreras. Sarxento de Infantaría no Protectorado Español de Marrocos dende 1914 represaliado pola ditadura de Primo de Rivera. Trasladouse a Madrid en 1931, onde traballou como empregado e foi redactor de El Imparcial. Membro do Partido Comunista de España e afiliado á UGT. Na guerra civil foi conselleiro de Instrución Pública e secretario xeral do Servizo Nacional de Crédito Agrícola. Foi presidente executivo do Comité nacional de Refuxiados. Coa derrota da República exiliouse en Perpiñán.[1] O 24 de maio de 1939 embarcou no Sinaia no porto de Sète (Hérault) rumbo a México, chegando a Veracruz o 13 de xuño.
Vida persoal
editarCasou con Antonia Matamala Ramos e foi pai de Miguel, Antonio, Fernando e Modesto Moyrón Matamala.[2]