Minnesota Frost
O Minnesota Frost é un equipo feminino profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Saint Paul, Minnesota (Estados Unidos). É unha das seis franquías da Professional Women's Hockey League (PWHL). Minnesota xoga os seus partidos como local no Xcel Energy Center de Saint Paul.
Minnesota Frost | |
---|---|
![]() | |
Fundación | 29 de agosto de 2023 |
Cidade | ![]() ![]() ![]() |
Estadio | Xcel Energy Center (17 954 persoas) |
Liga | Professional Women's Hockey League |
Campionatos | 2024 |
Propietario(s) | Mark Walter Group |
Director | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Cores | Púrpura, negro e branco |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Historia
editarO 29 de agosto de 2023 anunciouse que unha das primeiras seis franquías da PWHL estaría localizada en Minnesota.[1] O 1 de setembro a liga anunciou que Natalie Darwitz, antiga capitá da selección estadouindense, sería a directora xeral do equipo.[2][3] O 15 de setembro anunciouse que o antigo adestrador dos equipos feminino e masculino da Universidade de Bethel, Charlie Burggraf, sería o primeiro adestrador do equipo.[4] Con todo, o 27 de decembro anunciouse que Burggraf deixaría o cargo de adestrador xefe do equipo, e sería substituído polo antigo seleccionador dos Estados Unidos Ken Klee.[5]
Palmarés
editar- Artigo principal: Palmarés do Ilves.
Trofeos colectivos
editar- A Walter Cup (Copa Walter) é entregada anualmente ao equipo vencedor dos play-offs e campión da PWHL. É o trofeo principal da competición. Minnesota foi o primeiro equipo en alzar a Walter Cup en 2024. O PWHL Minnesota gañou unha vez o campionato: 2024
Trofeos individuais
editar- Trofeo Riikka Nieminen: entregado dende a tempada inaugural da PWHL á MVP dos play-offs. A primeira xogadora en recibilo foi a dianteira de Minnesota Taylor Heise:[6]
- Taylor Heise: 2024
Notas
editar- ↑ Wyshynski, Greg (29 de agosto de 2023). "Six inaugural franchises revealed for new PWHL". ESPN (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 1 de setembro de 2023. Consultado o 11 de maio de 2024.
- ↑ "PWHL names six general managers as teams begin roster construction". Sportsnet (en inglés). 1 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 5 de setembro de 2023. Consultado o 11 de maio de 2024.
- ↑ Burgess, Melissa (2 de setembro de 2023). "PWHL Introduces General Managers, Announces Draft Order". The Victory Press (en inglés). Consultado o 11 de maio de 2024.
- ↑ "Ryan, MacLeod headline PWHL coaches". Sportsnet. Canadian Press. 15 de setembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2023. Consultado o 11 de maio de 2024.
- ↑ "Charlie Burggraf steps down as head coach of PWHL Minnesota days before season opener". CBC Sports (en inglés). 27 de decembro de 2023. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2023. Consultado o 11 de maio de 2024.
- ↑ "Taylor Heise Named Ilana Kloss Playoff MVP" (en inglés). thehockeynews.com. 29 de maio de 2024. Consultado o 3 de xuño de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en inglés)