PWHL 2023–24
A tempada 2023–24 da PWHL é a primeira tempada da Professional Women's Hockey League. A liga comezou o 1 de xaneiro de 2024 e estivo integrada por seis equipos, tres do Canadá e outros tres dos Estados Unidos. A tempada finalizou coa disputa dos play-offs nun formato de semifinais e final ao mellor de cinco encontros entre os catro mellores equipos da liga regular para determinar o equipo campión.
Tipo | Professional Women's Hockey League ![]() |
---|---|
Deporte | hóckey sobre xeo ![]() |
Equipos
editarNome | Cidade | Estadio | Capacidade | Director/a xeral | Adestrador/a | Capitá |
---|---|---|---|---|---|---|
PWHL Boston | Lowell, MA | Tsongas Center | 6 003 | Danielle Marmer | Courtney Kessel | Hilary Knight |
PWHL Minnesota | Saint Paul, MN | Xcel Energy Center | 17 954 | Natalie Darwitz | Ken Klee | Kendall Coyne Schofield |
PWHL Montréal | Laval, QC | Place Bell | 10 062 | Danièle Sauvageau | Kori Cheverie | Marie-Philip Poulin |
Montreal, QC | Verdun Auditorium | 4 114 | ||||
PWHL New York | Bridgeport, CT | Total Mortgage Arena | 8 412 | Pascal Daoust | Howie Draper | Micah Zandee-Hart |
Elmont, NY | UBS Arena | 17 255 | ||||
PWHL Ottawa | Otava, ON | TD Place Arena | 8 585 | Michael Hirshfeld | Carla MacLeod | Brianne Jenner |
PWHL Toronto | Toronto, ON | Mattamy Athletic Centre | 3 850 | Gina Kingsbury | Troy Ryan | Blayre Turnbull |
Liga regular
editarPos. | Equipo | PX | V | OTW | OTL | D | GF | GC | DG | Pts |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Toronto | 24 | 13 | 4 | 0 | 7 | 69 | 50 | +19 | 47 |
2 | Montréal | 24 | 10 | 3 | 5 | 6 | 60 | 57 | +3 | 41 |
3 | Boston | 24 | 8 | 4 | 3 | 9 | 50 | 57 | −7 | 35 |
4 | Minnesota | 24 | 8 | 4 | 3 | 9 | 54 | 54 | 0 | 35 |
5 | Ottawa | 24 | 8 | 1 | 6 | 9 | 62 | 63 | −1 | 32 |
6 | New York | 24 | 5 | 4 | 3 | 12 | 53 | 67 | −14 | 26 |
Asistencia
editarNa súa tempada inaugural a PWHL bateu varios récords de audiencia. O 27 de xaneiro de 2024, durante o partido que disputaron Montreal e Ottawa no Place Bell de Laval (Quebec) rexistrouse a maior audiencia a un partido profesional de hóckey sobre xeo feminino no Canadá logo de rexistrar 8 646 persoas nas bancadas.[1] Posteriormente, no Little Caesars Arena de Detroit superouse o récord de asistencia a un partido feminino nos Estados Unidos de América con 13 736 persoas nas bancadas durante a vitoria de Boston fronte a Ottawa o 16 de marzo de 2024.[2] O 16 de febreiro de 2024 superouse un novo rexistro de asistencia cando 19 285 persoas presenciaron en directo no Scotiabank Arena de Toronto o partido entre Toronto e Montreal, coñecido como "The Battle on Bay Street".[3] Con todo, o maior fito da competición chegou o 20 de abril de 2024, cando 21 105 persoas encheron o Bell Centre de Montreal durante o partido entre o equipo local e Toronto, converténdose deste xeito no partido máis visto na historia do hóckey sobre xeo feminino.[4]
Equipo local | Partidos | Audiencia media | Audiencia total[5] |
---|---|---|---|
Ottawa | 12 | 7 496 | 89 952 |
Minnesota | 12 | 7 138 | 85 660 |
Montréal | 11 | 6 881 | 75 686 |
Toronto | 12 | 3 912 | 46 948 |
Boston | 11 | 3 770 | 41 474 |
New York | 12 | 2 496 | 29 952 |
Pistas neutrais | 2 | 11 293 | 22 586 |
League | 70 | 5 448 | 392 259 |
Play-offs
editarSemifinais | Final | ||||||
8-17 de maio | |||||||
PWHL Toronto | 2 | ||||||
PWHL Minnesota | 3 | ||||||
19-29 de maio | |||||||
PWHL Minnesota | 3 | ||||||
PWHL Boston | 2
| ||||||
9-18 de maio | |||||||
PWHL Montréal | 0 | ||||||
PWHL Boston | 3 |
Notas
editar- ↑ "GAME RECAP: MURPHY SCORES WINNER, DESBIENS MAKES 43 SAVES AS MONTRÉAL BEATS OTTAWA IN FRONT OF RECORD-BREAKING CROWD" (en inglés). ThePWHL.com. 27 de xaneiro de 2024. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ "GAME RECAP: KNIGHT SCORES, ADDS SHOOTOUT WINNER AS BOSTON DEFEATS OTTAWA IN FRONT OF RECORD-BREAKING CROWD IN DETROIT" (en inglés). ThePWHL.com. 16 de marzo de 2024. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ "PROFESSIONAL WOMEN’S HOCKEY LEAGUE BREAKS ALL-TIME ATTENDANCE RECORD FOR WOMEN’S HOCKEY" (en inglés). ThePWHL.com. 16 de febreiro de 2024. Consultado o 30 de marzo de 2024.
- ↑ "PROFESSIONAL WOMEN’S HOCKEY LEAGUE (PWHL) SETS WORLD RECORD FOR ATTENDANCE" (en inglés). ThePWHL.com. 20 de abril de 2024. Consultado o 11 de maio de 2024.
- ↑ "2024 Season" (en inglés). thepwhl.com. Consultado o 12 de maio de 2024.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Sitio web oficial (en inglés)