Mikhail Bakhtin
Mikhail Mikhailovich Bakhtin (en ruso: Михаи́л Миха́йлович Бахти́н), nado en Orel o 17 de novembro de 1895 e finado en Moscova o 7 de marzo de 1975, foi un pensador, filósofo, crítico literario e semiólogo ruso que tivo unha influencia significativa[1] no pensamento occidental en teoría literaria, ética, filosofía da linguaxe e como teórico da cultura e arte europea.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ru) Михаил Бахтин ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 5 de novembro de 1895 (Xuliano) ![]() Oriol, Rusia (pt) ![]() ![]() |
Morte | 7 de marzo de 1975 ![]() Moscova, Rusia ![]() |
Lugar de sepultura | Cemitério Vvedenskoye (pt) ![]() ![]() |
Residencia | Rusia ![]() |
Educación | Universidade Estatal de San Petersburgo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Filosofía ![]() |
Ocupación | filósofo, historiador da literatura, especialista en literatura, crítico literario, lingüista, escritor, teórico da arte ![]() |
Período de tempo | Filosofía contemporánea ![]() |
Empregador | Mordovia State University (en) ![]() ![]() |
Movemento | Filosofía occidental ![]() |
Profesores | Aleksander Thomson ![]() |
Influencias | Fiódor Dostoievski, Viacheslav Ivanov (pt) ![]() ![]() ![]() ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Бахтин Михаил Михайлович) Obálky knih, ![]() Literatori Sankt-Peterburga. XX vek >>>:Бахтин Михаил Михайлович, ![]() ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarBakhtin medrou en Vilnius e Odesa, estudou filoloxía e literatura clásica na Universidade de San Petersburgo. Xa en 1918 Bakhtin comezou a formar a súa propia escola de pensamento, nesa data formáronse o que se deu en coñecer como o círculo Bakhtin[2], e que eran xuntanzas de intelectuais que compartían gran variedade de intereses como a filosofía alemá, a física contemporánea, e cuestións significativas na vida social e máis especificamente na creación artística, poñendo en valor o xeito que a linguaxe rexistraba os conflitos entre os grupos sociais. Os seus escritos inspiraron especialistas que traballaron en diferentes campos (marxismo, semiótica, estruturalismo, crítica relixiosa) e máis en disciplinas tan diversas como crítica literaria, historia, filosofía, antropoloxía e psicoloxía. Malia que Bakhtin participou nos debates sobre estética e literatura que tiveron lugar na Unión Soviética da década de 1920, a súa posición non se coñecería ben ata que o redescubriron os eruditos rusos da década de 1960, xa que debido á purgas de Stalin arrestárono en 1929 pasando os seis anos seguintes desterrado en Kustanai (Kazakhstán). Durante o ano 1929 e mentres permanecía detido nun hospital editouse o primeiro libro que publicaba co seu nome, ПРОБЛЕМЫ ТВОРЧЕСТВА ДОСТОЕВСКОГО ("Problemas na arte de Dostoievski") e foi precisamente a súa reedición en 1963 a que marcaría o seu redescubrimento.